Febreiro 2016

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Tecnópole atópase no top 5 dos viveiros empresariais de España

O Centro de Empresas e Innovación de Tecnópole é o cuarto mellor viveiro empresarial de España, segundo o ranking sobre os servizos que prestan estas entidades elaborado anualmente pola Fundación de Caixas de Aforro (Funcas). O labor de Parque Tecnolóxico de Galicia na difusión do espírito emprendedor foi tamén recoñecida como a segunda máis exitosa de todo o Estado.

Catro proxectos das Aulas Tecnópole competirán na Exporecerca Jove

Catro proxectos das Aulas Tecnópole competirán dentro dun mes na Exporecerca Jove, o maior certame científico escolar que se celebra en España. A feira terá lugar entre os días 17 e 19 de marzo, con diversos premios para os equipos chegados de varios países de todo o mundo que presenten os proxectos máis interesantes segundo o xurado.

Aukor volve poñer o foco en España tras a súa incursión en México

O grupo de enxeñaría Aukor, con sede en Tecnópole, deu un xiro ao seu plan estratéxico para poñer de novo o foco no mercado nacional pola recuperación do sector industrial, tras unha etapa de catro anos na que deu prioridade á actividade internacional, especialmente en México, cando adquiriu a empresa local Mangra no estado de Aguascalientes.

Coren e Galicia Business School pon en marcha másteres sobre alta cualificación alimentaria

Capacitar aos mellores profesionais da industria agroalimentaria mediante programas formativos de alto nivel que, á vez, permitan traballar desde o primeiro día, é o obxectivo dos novos programas de máster que pon en marcha o Grupo Coren e Galicia Business School: o Máster Coren en Xestión e Comercialización de Empresas Alimentarias e o Máster Coren en Xestión de Empresas Gandeiras.

Convocadas as axudas a contratos para a formación de investigadores en empresas

O Ministerio de Economía e Competitividade abriu até o 3 de marzo o prazo de solicitude de axudas á contratación de doutores en formación en empresas. Mediante esta liña de actuación, cofináncianse os contratos laborais do persoal investigador en formación que participen nun proxecto de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental dentro da empresa solicitante. O contrato subvencionado poderá prolongarse até 4 anos e o investigador ten que enmarcar o traballo na súa tese doutoral.

Televés e Indra desenvolven para o Sergas un sistema de monitorización de pacientes baseado en internet das cousas

O proxecto de Hospitalización Experimental Hospital 2050, SISENS, desenvolvido por Televés e Indra para o Servizo Galego de Saúde (Sergas) gañou o premio, na categoría de aplicación TIC, da Fundación "Ad Qualitatem" á mellor iniciativa de Calidade, Sustentabilidade e Innovación no Sector Sociosanitario.

ViaGalicia selecciona quince proxectos de Vigo e Lugo para a fase final de aceleración de empresas

Oito proxectos empresariais provenientes da sede de Lugo e sete da sede de Vigo foron seleccionados polo comité técnico de ViaGalicia para pasar á fase de aceleración na que recibirán titoría, mentoring e capital para apoiar a súa saída ao mercado coas maiores garantías de éxito. Os quince proxectos seleccionados nesta terceira edición, recibirán un financiamento de 1.250.000 euros en empréstitos participativos e achegas a fondo perdido.

Cuarta edición do Programa de Inmersión de Spain Tech Center

As empresas españolas de base tecnolóxica poderán inscribirse ata o 2 de marzo para a cuarta edición do Programa de Inmersión de Spain Tech Center, unha iniciativa posta en marcha por ICEX, Red.es e Banco Santander que levará a varios emprendedores tecnolóxicos a Silicon Valley.

A sistematización da innovación é crucial para a supervivencia das pemes construtoras

A construción non vive o seu mellor momento en España. A crise e a picada da burbulla inmobiliaria afectaron ao conxunto do sector. Con todo, os grandes grupos puideron diversificar, buscar negocio no mercado internacional e dedicar recursos a innovar, algo que resulta moito máis complicado para as pemes, cuxo obxectivo principal é seguir á boia nunha contorna hostil. Esta é a conclusión dunha investigación da Universidade Politécnica de Valencia (UPV).

Spread, a primeira planta agrícola completamente automatizada por robots

A empresa xaponesa Spread abrirá en 2017 a primeira planta agrícola completamente automatizada do mundo, con robots que traballan en todo o proceso: dende o viveiro ata as colleitas.

Páxinas