Xaneiro 2016

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Teléfonos intelixentes que non necesitan recargarse

O tema do consumo enerxético e a forma de producir enerxía é un dos grandes problemas da humanidade, o quentamento global, o cambio climático e o efecto invernadoiro son consecuencia do abuso que cometemos os humanos para xerar enerxía. Por esa e moitas outras lóxicas razóns é moi importante que novas investigacións como as feitas por Xapón e China atopando achados claves no desenvolvemento de dispositivos electrónicos que consumen moi pouca enerxía e que non necesitan carga.

Un "pegamento" metálico imita ás soldaduras a un custo moito menor

Enxeñeiros da Universidade Northeastern (Boston, EE.UU.) deseñaron un 'pegamento' metálico que posúe as propiedades das soldaduras, a un custo moito menor. Está feito de indio e de galio, e podería usarse para células solares, arranxar canalizacións e para os compoñentes de computadoras.

A Preincubadora da Tecnópole e a Universidade de Vigo busca novos inquilinos

A Preincubadora de proxectos empresariais que Tecnópole promove en colaboración coa Universidade de Vigo busca novos inquilinos. Os ganadores dos premios Incuvi-Emprende do Campus de Ourense, que teñen o prazo de presentación aberto ata o 19 de xaneiro, instalaranse no Centro de Innovación e Empresas (CEI) do Parque Tecnolóxico de Galicia para desenvolver a súa idea de negocio.

Aprobada a convocatoria 2016 do programa Retos-Colaboración con 586 millóns de euros para actuacións de I+D+i

O Consello de Ministros aprobou a convocatoria 2016 do programa Retos-Colaboración, dotada con 586 millóns de euros para actuacións de I+D+i. Do presuposto total, cofinanciado con Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), case 100 millóns son subvenciones e o resto préstamos e anticipos rembolsables FEDER.

A Cámara de Comercio de España destinará máis de 35 millóns de euros para impulsar a innovación nas pemes

A iniciativa InnoCámaras, impulsada pola Cámara de Comercio de España, contará cun presuposto de máis de 35 millóns de euros para impulsar a innovación nas pequenas e medianas empresas durante o período 2016-2023. O programa combina o asesoramento directo, gratuíto e personalizado por parte de expertos coas axudas económicas concedidas grazas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Mercadona, destacada como “modelo de innovación radical” a nivel internacional

Mercadona foi destacada como caso de estudo internacional, ao protagonizar un capítulo do libro 'Cohete, Oito Leccións para Garantir o Crecemento Infinito' (Rocket, Eight Lessons to Secure Infinite Growth), editado por The Boston Consulting Group.

Desenvolven envases de material bioplástico que permiten incrementar a seguridade alimentaria

En declaracións á emisora Onda Cero Galicia, Víctor Peinado, do Departamento de I+D+i do Centro Tecnolóxico AITIIP, explicou o alcance de Dibbiopack, un proxecto de I+D do 7º Programa Marco da Unión Europea, que ten por obxecto o desenvolvemento de envases multifuncionais de material bioplástico (biobaseado, é dicir, procedente de fontes renovables como o amidón-, compostable e/ou biodegradable) e cuxas principais aplicacións se centran nos tres sectores máis relevantes, isto é, o alimentario, o cosmético e o farmacéutico, toda vez que estes concentran entre o 40 e o 60 % dos envases presentes no mercado do plástico.

Crean un innovador papel que é capaz de almacenar enerxía eléctrica

Investigadores do Laboratorio de Electrónica Orgánica da Universidade de Linköping, en Suecia, desenvolveron un novo tipo de papel capaz de almacenar enerxía eléctrica. Trátase dun material que mellora a condutividade simultánea entre ións e electróns, o que representa un novo paso cara novas formas de almacenamento de enerxía.

¿Que traballos conquistarán antes os robots?

Innovacións como a robótica, a intelixencia artificial ou o big data transformarán profundamente a economía e a sociedade en poucos anos. Repíteno de maneira unánime profesionais e especialistas de diversa procedencia. Pero poucos estudos resultan tan detallados e concienciudos como o publicado recentemente pola consultora Merrill Lynch, no que se prognostica que en só cinco exercicios este mercado crecerá de 25.500 millóns de euros a 136.600 millóns.

Emprendemento: tendencias indiscutibles para o éxito empresarial en 2016

PHC Software, fabricante de solucións de xestión empresarial, realizou unha análise sobre as tendencias clave en software de xestión para o negocio que os empresarios deberán usar para facer fronte aos novos retos do futuro, motivados, en gran medida, polos cambios nos hábitos de consumo, a evolución tecnolóxica e a modificación da normativa fiscal de cara a 2016.

Páxinas