Xaneiro 2016

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

O primeiro notebook deseñado en España nace na Tecnópole

O notebook 1401, o primeiro ordenador portátil ultralixeiro deseñado e desenvolvido integramente en España, está a punto de saír ao mercado da man de Primux, empresa tecnolóxica que concibiu este novo produto no seu centro de I+D, situado no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole (Ourense).

O CITI dótase dun centro de cálculo científico de altas prestacións e capacidade

Os grupos de investigación que traballan en áreas como a bioinformática, a meteoroloxía, a física de partículas e outras, necesitan manexar un gran volume de datos ou realizar un gran número de operacións en cada experimento.

O Centro Tecnolóxico da Madeira cumpre vinte anos

O Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia denominado CIS-Madeira, atópase situado en terreos do Parque Tecnolóxico de Galicia, aloxado nun edificio singular con patio traseiro construído con travesas de ferrocarril onde dispón de máis de 3000 m2 de oficinas, biblioteca, laboratorios físico-mecánico e químico e plantas piloto.

Expertos debaterán en Transfire os avances en innovación

O Foro Transfire (Foro Europeo para a Ciencia, Tecnoloxía e Innovación) celebrará a súa quinta edición os días 10 e 11 de febreiro de 2016 coa intervención de medio centenar de expertos no Pazo de Feiras e Congresos de Málaga (Fycma) para debater sobre os últimos avances en innovación e transferencia de coñecementos.

A Fundación Sacyr lanza a 6ª edición dos Premios Sacyr á Innovación á mellor startup

A Fundación Sacyr lanza a 6ª edición dos Premios Sacyr á Innovación á mellor startup, coa que quere incentivar e promover o desenvolvemento de startups orientadas aos sectores de infraestruturas e servizos con alto potencial, para sumarlles o valor de participar da experiencia e o apoio da Fundación Sacyr e o Grupo Sacyr no seu proceso de maduración e saída ao mercado.

Os mellores inventos españois do 2015

En España rexístranse cada ano unha media de 6000 solicitudes de patentes e modelos de utilidade que, na súa maioría, proceden de pemes e emprendedores que apostan a innovación.

Vantaxes dos coches do futuro

Ningunha marca tradicional do motor quere que unha tecnolóxica lle quite o posto e xa sexa de forma individual ou con colaboracións, no CES 2016 das Vegas vimos desenvolvementos curiosos que van máis alá do coche autónomo ou conceptos de Batmóvil.

MRW realiza probas para a entrega a través de drons

MRW realizou probas para a entrega a través de drons. A empresa de transporte española traballa coa compañía de drons catalá, HEMAV, para facer posible a entrega a través de drons en zonas de difícil acceso ou en medios rurais.

As ventás do futuro serán paneis solares transparentes

Investigadores da Universidade Estatal de Michigan formularon a creación de ventás solares a través da creación dun concentrador solar totalmente transparente, o que podería converter calquera cristal ou lámina de vidro, como a pantalla dun smartphone, nunha célula solar fotovoltaica.

Crean uns revolucionarios globos solares para producir enerxía

Estes globos equipados con paneis solares serían capaces de flotar a unha altitude de ata 20 quilómetros, evitando así a interferencia das nubes. O maior problema que enfrontan os paneis solares, é o aproveitamento da enerxía solar, algo que depende das condicións meteorolóxicas, así como da cantidade de luz solar que reciben diariamente, aínda así, as células fotovoltaicas só son capaces de aproveitar unha parte do espectro solar.

Páxinas