Decembro 2015

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Gaélica Solar saca ao mercado un sistema para plantas de interior que logra simular a luz natural usando enerxía renovable

A empresa Gaélica Solar, con sede en Tecnópole, acaba de sacar ao mercado un sistema autónomo que imita a luz natural para manter vivas e facer que crezan as plantas de interior. Grazas a unha lámpada LED que obtén a enerxía necesaria dun panel solar, a planta recibe radiación lumínica nas gamas cromáticas que lle fan falta para crecer, mesmo en lugares como sotos ou segundas vivendas que se manteñen pechadas durante o inverno.

O CIS madeira crea un sistema integral para recoller biomasa

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, valora moi positivamente iniciativas como a presentada polo CIS Madeira no II Foro da Biomasa, celebrado recentemente en Tecnópole. Trátase dun equipo integral de recollida e tratamento de biomasa, un prototipo pioneiro encamiñado ao aproveitamento da biomasa residual. Esta máquina, explicou Conde, é o resultado "dun longo proceso de innovación e probas, que permite recoller, triturar e transformar no monte e os restos de podas e matogueiras".

Aberta a convocatoria do programa Conecta-Peme ata o 22 de xaneiro

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), acaba de abrir a convocatoria do terceiro programa Conecta-Peme coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). O prazo para presentar proxectos permanecerá aberto ata o 22 de xaneiro.

A saúde do cerebro monopoliza os I Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2015

A saúde do cerebro é o tema coincidente do proxecto de investigación e do caso de éxito empresarial galardoados na primeira edición dos Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia. O certame está promovido pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta, para recoñecer as mellores prácticas de transferencia de coñecemento procedente dos organismos de investigación ao tecido produtivo. Os galardóns serán entregados nunha cerimonia que terá lugar en xaneiro en Santiago de Compostela.

España, sexta posición entre os países con maior número de invencións de tecnoloxía verde

España ocupa a sexta posición entre os países con maior número de invencións de tecnoloxía verde. Así o revela a primeira análise exhaustiva de datos económicos e de patentes sobre as tecnoloxías de mitigación do cambio climático en Europa levado a cabo pola Oficina Europea de Patentes e o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente.

Nova estratexia de I+D+i para o sector da auga

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente presentou o documento "Idiagua" no que se establece as cinco liñas estratéxicas en I+D+i no sector da auga e que define os principais ámbitos de innovación e investigación no ciclo integral da auga, as prioridades do sector e as necesidades para a xestión pública da auga.

En 2030 o 50% dos empregos de Xapón podería ser realizado por robots

Un estudo realizado polo Instituto de Investigación Nomura, en Xapón, e en compañía da Universidade de Oxford, afirma que en torno ao 50 % dos empregos do país podería ser realizado por robots en quince anos, concretamente en 2030.

Os cristais dos coches volveranse intelixentes en poucos anos

Estamos a poucas semanas do Consumer Electronics Show (CES) das Vegas, que se celebrará entre o 6 e o 9 de xaneiro de 2016, e algúns fabricantes comezan a avanzar o que van presentar na feira.

Os emprendedores españois crean máis compañías e con maior número de empregados

Os emprendedores españois son os que máis porcentaxe de patrimonio persoal destinan ás súas empresas, un 32,2%, e os que antes comezan a emprender en comparación con outros países do seu ámbito, segundo o informe global sobre emprendemento de BNP Paribas.

Os mozos españois prefiren ser emprendedores

Un estudo realizado por Universum e analizado por PeopleMatters detecta que o 39% dos mozos españois menores de 19 anos queren ser emprendedores e un 41% dos enquisados formúlanse acceder antes ao mercado laboral que á universidade.

Páxinas