Maio 2015

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A nova edición do curso de creación e xestión de microempresas de Tecnópole oferta 15 prazas de formación gratuíta

Tras o éxito conseguido na edición celebrada en 2014, Parque Tecnolóxico de Galicia oferta 15 novas prazas de formación gratuíta en creación e xestión de microempresas. O curso, de seis meses de duración, terá como resultado a elaboración dun proxecto de negocio, cun premio á mellor proposta que consistirá en catro meses de estancia gratis na incubadora de Tecnópole.

Tecnópole pon en marcha un sistema de apadriñamento de empresas con recompensas económicas

As empresas de Parque Tecnolóxico de Galicia - Tecnópole que actúen como introdutoras de novas empresas no recinto obterán un desconto nas súas facturas de servizos equivalente á metade do importe que a nova inquilina desembolse en concepto de custos fixos (aluguer, internet, telefonía, etc.) durante o seu primeiro mes de estancia. Esta novidosa iniciativa busca dinamizar a instalación en Tecnópole de novas iniciativas de negocio baseadas na innovación e a tecnoloxía.

Once empresas bio galegas aumentarán en Tecnópole a súa capacidade competitiva a través do programa Agrobiotech

A Consellería de Economía e Industria, no marco do seu apoio ao incremento da competitividade das empresas galegas a través da innovación, acaba de seleccionar as pemes que participarán na primeira edición do programa AgroBiotech, que terá as súas bases de operacións en Tecnópole e no Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (Cetal). Ao longo de sete meses, estas once empresas dos sectores agroalimentario, biotecnolóxico e da biomasa, recibirán soporte individualizado para incrementar o seu potencial innovador e acceder a novos mercados e vías de financiamento.

Miniprice Express factura 3 millóns coa venda online de produtos informáticos

A empresa ourensá Miniprice Express, con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia, iniciouse hai oito anos na venda de produtos de electrónica por Internet e hoxe destaca entre as empresas galegas de máis rápido crecemento no segmento do comercio electrónico polo miúdo.

Agroamb participa nun proxecto para valorizar xofre

A necesidade de abrir novos nichos de negocio e o compromiso coa eficiencia no uso dos recursos impulsa numerosas empresas a emprender proxectos innovadores. É a filosofía que Agroamb comparte e a que a levou a formar parte dun proxecto, financiado polo CDTI e cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, para a valorización e conversión de xofre elemental en fertilizante de alto rendemento.

A Xunta pon a disposición dos alumnos do campus de Ourense o Laboratorio Oficial de Metroloxía para impulsar a súa formación práctica

A Consellería de Economía e Industria, co obxectivo de facilitar a formación profesional dos universitarios galegos en actividades relacionadas co sector industrial, colaborará coa Universidade de Vigo achegando aos seus estudantes a posibilidade de realizar prácticas no Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG).

Coren ideará produtos cárnicos adaptados nutricionalmente para os nenos e a terceira idade

Os hábitos alimenticios dun bebé de seis meses son moi distintos aos dun cativo de tres anos. Co fin de desenvolver produtos cárnicos especificamente adaptados ás necesidades de catro grupos poboacionais -dende que un neno gatea ata os 65 anos- uníronse Coren, o Centro Tecnolóxico da Carne e a Axencia Galega de Innovación. Trátase da primeira iniciativa que se pon en marcha no marco da alianza estratéxica que as citadas entidades presentaron en marzo para fomentar a I+D no sector agroalimentario.

O Ministerio de Industria lanza axudas a proxectos de I+D no sector TIC

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo destinará 200 millóns de euros á convocatoria de axudas 2015 para proxectos de I+D no sector de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e de Contidos Dixitais.

Economía investirá 45 millóns de euros en cinco anos para desenvolver drons de uso civil en Lugo

A Xunta quere converter o Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (Lugo) nun "polo de referencia" para toda Europa no desenvolvemento de drons para uso civil. Para iso prevé investir 45 millóns de euros ata 2020. Con este diñeiro (25 millóns de euros) buscará socios tecnolóxicos entre as empresas da automoción e o naval que estean interesadas no proxecto e tamén comprará tecnoloxía innovadora (20 millóns de euros).

España segue apostando pola innovación automobilística

As últimas cifras dadas a coñecer pola Asociación Española de Fabricantes de Automóbiles e Camións (ANFAC) botan que o sector da automoción alcanzou o ano pasado 904,6 millóns de euros de investimento en I+D+i. Un claro sinal de que os fabricantes de compoñentes apostan pola innovación e o desenvolvemento de novas tecnoloxías para o equipamento de vehículos.

Páxinas