Maio 2014

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Unha empresa española presenta unha tecnoloxía que pretende revolucionar o sector do cloud hosting

Gigas, empresa española especializada en ofrecer infraestrutura tecnolóxica como servizo, presenta unha innovadora tecnoloxía coa que promete revolucionar o sector do cloud hosting.

Spell Up, sorprendente app que axuda a mellorar o inglés

Google creou un novo experimento para Chrome, 'Spell Up', unha aplicación que permite mellorar o inglés. Este Chrome Experiment pódese utilizar en ordenadores de sobremesa e dispositivos móbiles (smartphones ou tablets).

Tecnópole oferta 15 prazas de formación gratuíta en creación e xestión de microempresas

Parque Tecnolóxico de Galicia oferta 15 prazas de formación gratuíta en creación e xestión de microempresas. O curso, de seis meses de duración, terá como resultado a elaboración dun proxecto de negocio, cun premio á mellor proposta que consistirá en tres meses de estancia gratis na incubadora de Tecnópole.

Tecnópole acolle unha xornada sobre oportunidades de cooperación internacional na área dos materiais compostos

Tecnópole acolle este mércores unha xornada sobre a identificación de oportunidades de cooperación internacional na área dos materiais compostos (composites), organizada pola Consellería de Economía e Industria e a Embaixada de Canadá.

O proxecto Trend on me, gañador do StartUp Pirates 2014, desenvolverase na sala de coworking de Tecnópole

O proxecto Trend on me, promovido por Nuria Iglesias (enxeñeira industrial), Ángela González (estudante de administración de empresas), Begoña Mera (deseñadora de moda) e José Barroso (enxeñeiro industrial), foi o gañador absoluto da edición ourensá do StartUp Pirates, polo que terá a oportunidade de ser desenvolvido durante os próximos tres meses e medio na sala de coworking de Tecnópole, entidade colaboradora do evento.

Os alumnos das Aulas Tecnópole compiten na feira de tecnoloxía de Los Ángeles tras optimizar o seu proxecto

Os alumnos das Aulas Tecnópole que resultaron gañadoras do premio especial da Exporecerca están xa en Los Ángeles defendendo o seu proxecto na Intel International Sciencie and Engineering Fair, unha das feiras máis grandes do mundo sobre traballos de ciencia e tecnoloxía a nivel preuniversitario. Nas últimas semanas estiveron a perfeccionar o seu proxecto mediante melloras tecnolóxicas para ter máis posibilidades de éxito.

As empresas TIC galegas resisten a 5 anos de crise

O sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) en Galicia, que achega aproximadamente o 2% do PIB da comunidade, logrou manter dende o 2010 a cifra de emprego case invariable, por enriba dos 15.000 traballadores, un logro do que non poden presumir nin a construción nin a industria nin os servizos.

Un empresario ourensán crea láminas de lousa flexibles

Flexible coma se fose de goma, pero en realidade é lousa. Si, a pedra natural pode deixar de ser dura como a rocha da que procede para converterse nun produto maleable e lixeiro. E fino. Apenas medio milímetro de espesor do rachón é o que se precisa para crear estas láminas, as primeiras feitas en Galicia e con pedra valdeorresa (fundamentalmente) e de Lugo como materia prima. É o produto que hai apenas un mes lanzaba ao mercado Pizarra Leads, de Miguel Ángel González, con sede no municipio ourensán do Barco.

As cinzas de biomasa poden substituír ao cemento na construción

As cinzas procedentes da combustión da biomasa poden substituír ao cemento na elaboración de bloques de construción, segundo un informe dun grupo de investigadores da Escola Politécnica da Universidade de Xaén publicado na revista Fuel.

Carles Puente, mellor inventor europeo 2014

Carles Puente Baliarda, investigador español e creador da antena fractal, foi nomeado a mellor inventor europeo 2014. É posible que moitos descoñezan que foi o catalán Carles Puente Baliarda o que en 1995 desenvolveu a antena fractal, capaz de integrarse no teléfono móbil máis pequeno, ofrecendo un avance revolucionario no mundo da comunicación móbil.

Páxinas