Marzo 2013

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Ordenadores con cinco sentidos

A finais de ano IBM lanzou as súas predicións a cinco anos vista. Chamábase o seu ensaio IBM 5 en 5" (#ibm5in5), unha lista de innovacións que cambiarán a vida das persoas. Nesa ocasión as súas cinco innovacións correspondíanse cos cinco sentidos dos humanos, pero aplicados aos ordenadores.

Os téxtiles fanse intelixentes

Unha nova xeración de tecidos impulsada polos avances tecnolóxicos e científicos áchase á fronte da vangarda téxtil. Trátase de fibras máis lixeiras e resistentes, obtidas mediante a nanoaditivación de nanotubos de carbono.

Os expertos coinciden en que a innovación aberta é clave para que as empresas galegas sexan máis competitivas ante a crise

A innovación aberta é clave para que as empresas galegas sexan máis competitivas ante a crise. Esta é a idea que todos os expertos reunidos o pasado 22 de febreiro en Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole defenderon ante os máis de 150 empresarios que chegaron das catro provincias para asistir ao encontro '5 sentidos para innovar'. Compartir para competir e colaborar para ser máis creativos foron dous dos consellos máis repetidos polos especialistas en innovación.

A preincubadora Tecnópole-Uvigo abre a convocatoria para optar aos seus catro espazos para emprendedores universitarios

Só un 5% dos universitarios españois inicia un proxecto empresarial ao final dos seus estudos. No caso da Universidade de Vigo esta cifra ascende ata aproximadamente o 14%, segundo os datos da propia institución. Para contribuír a que os membros da comunidade universitaria escollan o camiño do emprendemento e o fagan con toda a axuda e o apoio posible para ter éxito, a Universidade de Vigo e o Parque Tecnolóxico de Galicia acaban de presentar o proxecto da preincubadora universitaria do campus de Ourense.

Tecnópole dá a coñecer o programa "5 sentidos para innovar" no Centro de Excelencia de Vigo

Representantes de Tecnópole deron a coñecer este martes o proxecto "5 sentidos para innovar" durante a xornada organizada polo Centro de Excelencia de Vigo baixo o título "Open Innovation. Un novo modelo de innovación", cuxo obxectivo principal foi difundir o modelo de innovación aberta como ferramenta clave para xerar valor engadido nas organizacións e facelas máis competitivas.

Intellectia Bank presenta o seu novo sistema de monitorización continua

A empresa de Tecnópole Intellectia Bank presentou recentemente, no marco dunha xornada informativa, o seu novo sistema de monitorización continua aplicable a diferentes sectores.

Feder-Innterconecta inxecta 75 millóns de euros ao Sistema Galego de Innovación para proxectos de alto impacto

O Ministerio de Economía e Competitividade publicou no BOE a convocatoria de axudas do programa Feder-Innterconecta para Galicia, dotado con 75 millóns de euros para cofinanciar proxectos de innovación de alto impacto.

A Axencia Galega de Innovación destinará 12 millóns de euros en 2013 para fomentar a I+D en pequenas e medianas empresas

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, foi o encargado de presentar oficialmente a Axencia Galega de Innovación. Esta entidade recibirá unha achega de 12 millóns de euros para este ano, cantidade que se dirixirá a promover programas de innovación público-privados para pequenas e medianas empresas; así como a posta en marcha dunha liña de axudas que permitirá mobilizar até un total de 24 millóns de euros.

Preto de 100 expertos europeos reúnense en Vigo para analizar as últimas innovacións en tecnoloxía láser a nivel mundial

Preto dun centenar de persoas participaron nas IX Xornadas de Procesado de Materiais con Tecnoloxía Láser, organizadas polo Centro Tecnolóxico AIMEN en Vigo. Expertos europeos presentaron alí os novos avances nesta novidosa tecnoloxía, que conta con múltiples aplicacións para a práctica totalidade dos sectores industriais (naval, metalmecánico, automoción, aeronáutico, etc.).

Cotec lanza unha ferramenta en internet para que as pemes innoven

A Fundación Cotec para a Innovación Tecnolóxica desenvolveu unha ferramenta en Internet para que calquera peme española poida coñecer, de forma sinxela e en moi pouco tempo, enchendo un breve cuestionario, como é a súa capacidade innovadora e recibir de forma personalizada recomendacións específicas para a súa mellora.

Páxinas