Os organizadores da feira SIMO lanzaron a convocatoria do Premio Viveiro de SIMO Network 2012. IFEMA e a fundación Fundetec organizan a sétima edición deste premio, que ten por obxecto impulsar a innovación e o emprendemento en España a través do recoñecemento ao labor de empresas novas que desenvolven produtos e servizos tecnolóxicos de calidade e con potencial de éxito no mercado.
A Fundación Fronteiras Electrónicas (EFF) lanzou unha campaña para acabar co actual sistema de patentes de software. Buscan desmontar unha engrenaxe que foi afastándose do seu obxectivo fundacional (protexer e incentivar a innovación) para dexenerar nun gran negocio para as chamadas entidades non practicantes (NPE), un eufemismo para referirse aos troll das patentes.
A feira Biospain 2012, que se celebrará en setembro, permitirá a biotecnolóxicas de todo o mundo fortalecer relacións comerciais nun momento de dificultades de financiamento.
A xeración de enerxía renovable espérase que continúe o seu rápido crecemento durante os próximos cinco anos, segundo o último informe da Axencia Internacional da Enerxía, que recoñece a chegada dunha nova era para o sector das enerxías renovables.
Non hai nada como botar unha ollada aos centros de investigación de Microsoft Samsung, Google, IBM ou Intel para darse conta: vivimos na prehistoria dixital. As grandes firmas tecnolóxicas déixanse varios miles de millóns de euros cada ano en inventar o seguinte. O 99% dos proxectos fracasan, o resto sobrevive e só un ou dous acaban transformándoo todo. Intel presentou recentemente en San Francisco a súa particular batería de ideas para revolucionar o fogar, o coche ou o traballo. Non hai lentes futuristas como as de Google, pero si un bo puñado de apostas.
Resolver reclamacións case ao instante a través de internet. Esta é a principal idea que lle valeu a unha empresa nova vinculada ao Consello Superior de lnvestigacións Científicas (CSIC) o premio Tech All Stars á compañía europea emerxente máis innovadora na web. A start-up, Cognicor Technologies, creada no seo do Instituto de Investigación en Intelixencia Artificial (CSIC), foi escollida de entre 257 candidatas da Unión Europea.
Chámase aerografito e está composto nun 99,99% de aire. Foi desenvolvido por un equipo de investigadores da Universidade Técnica de Hamburgo e é, con diferenza, o material máis lixeiro do mundo. O achado publícase na revista Advanced Materials.
O próximo venres 13 de xullo ás 13.30 horas inaugúrase no Edificio CEI a exposición fotográfica realizada por Tecnópole para conmemorar o seu 20 aniversario cun percorrido en imaxes polo seu pasado e o seu presente.
Ricardo Escolano, traballador da empresa Coasa, é o gañador do III Concurso ‘Tecnoambiental’ na categoría de fotografía. A sección de vídeo, inaugurada este ano, tivo como vencedoras a Montserrat Rodríguez e Azahara Soilán, do CIS-Madeira. O concurso foi organizado por Tecnópole con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente.
O Ministerio de Economía e Competitividade convocou as axudas do Programa Nacional de Cooperación Público/Privada INNPACTO, que financia a cooperación público-privada entre organismos de investigación e empresas na realización de proxectos de I+D+i orientados cara a produtos explotables baseados na demanda. O prazo límite de presentación de solicitudes é o 17 de xullo.