O centro tecnolóxico Tecnalia está desenvolvendo novas solucións arquitectónicas para fachadas integrando elementos vexetais que permitan mellorar a eficiencia enerxética do edificio ao longo de todo o seu ciclo de vida.
A Asociación de Parques Tecnolóxicos e Científicos de España (APTE) puxo en marcha un novo blog como ferramenta complementaria e aglutinadora de todos os produtos informativos que elabora.
As dúas décadas de traxectoria e o presente de Tecnópole-Parque Tecnolóxico de Galicia están expostos desde o pasado venres no edificio central da entidade a través dunha exposición de fotografía que permanecerá aberta ata finais de ano.
A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne (CTC) firmou a semana pasada un contrato coa Asociación Galega da Carne (Asogacarne) para prestarlle servizos de apoio baseándose na súa experiencia de soporte á industria do sector.
A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), á que Tecnópole pertence, e a Empresa Nacional de Innovación S.A. (ENISA) firmaron un acordo marco de colaboración con obxecto de aumentar as facilidades e mellora das condicións de financiamento das pemes españolas.
O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) presenta en Ourense os servizos a empresas que presta a través do programa Re-Acciona. Será o próximo mércores 18 ás 12 horas na sede da Confederación Empresarial de Ourense (CEO).
O gasto español en I+D estancouse durante 2011 cun crecemento de apenas un 0,041% con respecto ao ano anterior, segundo destaca Cotec no seu 'Informe 2012 sobre Tecnoloxía e Innovación en España'. Con esta cifra rómpese a tendencia de crecemento que se rexistrara desde hai máis de dez anos.
A Comisión Europea (UE) anunciou a última convocatoria para acceder aos fondos do sétimo programa marco de investigación, que ascenden a 8100 millóns de euros en 2013 e que se queren dedicar a propostas que favorezan o crecemento e o emprego.
Dous mozos de Vigo puxeron en marcha un proxecto de financiamento de iniciativas empresariais innovadores a través da técnica do crowdfounding. Esta iniciativa, importada de Estados Unidos, baséase na promoción das ideas nunha mesma plataforma para lograr o seu financiamento, ao tempo que pon en contacto aos creadores para que compartan as súas dúbidas.
O Centro Tecnolóxico AIMEN forma parte do consorcio europeo que leva a cabo o proxecto de I+D+i Co-Patch, acollido ao VII Programa Marco da Unión Europea, cuxo obxectivo é desenvolver a aplicación de parches formados por materiais compostos como nova técnica de reparación de estruturas de aceiro, tanto navais (buques, plataformas, etc.), como de enxeñería civil (pontes, guindastres, etc.) ou aeronáuticas. O presuposto total para esta iniciativa supera os cinco millóns de euros, e conta cun financiamento de máis de tres millóns e medio de euros.