Agosto 2011

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Galicia duplica a captación de fondos europeos no VII Programa Cadro de I+D e cumpre obxectivos dous anos antes do previsto

O apoio da Xunta de Galicia ás iniciativas de captación de recursos no eido da I+D+i ten impulsado dun xeito determinante a captación de fondos do VII Programa Cadro de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico da Unión Europea (7PC), así como a capacidade axentes galegos para presentar propostas de I+D+i competitivas a nivel europeo, superaron con moito as expectativas formuladas a principios de 2007, en especial no que se refire ás empresas.

Empresas tecnolóxicas galegas viaxan a India, China e México

A Dirección Xeral de I+D+i da Xunta, co apoio do IGAPE e en colaboración con INEO, organizará nas próximas semanas tres misións de transferencia de coñecemento e tecnoloxía en India, China e México.

Telefónica supera as 2000 propostas de 'start-ups' no plan Wayra

Telefónica superou xa as 2000 propostas de start-ups no seu proxecto de investimento Wayra. A operadora fixo a selección en Colombia, España e México. Os procesos están abertos en Arxentina e Perú, e nas próximas semanas empezarán en Brasil, Venezuela e Chile.

Estudantes valencianos crearán unha alternativa biolóxica á desinfección química de augas contaminadas

Estudantes de varias universidades valencianas participan nun proxecto internacional co obxectivo de deseñar unha alternativa biolóxica para a desinfección de augas contaminadas eliminando organismos patóxenos.

Envases activos para alimentos máis duradeiros e con máis propiedades

Detrás dun envase alimentario (bolsas, bandexas, barquetas, tarrinas… ) existe un elevado nivel de tecnoloxía, orientada a mellorar a calidade e seguridade do alimento. As últimas tendencias de investigación encamíñanse cara ao desenvolvemento de novos materiais e envases activos que xa non son meros colectores do produto, senón que achegan melloras significativas e axudan a alargar a vida do alimento, mellorar a súa calidade e conservación e reducir os seus custos de produción e fabricación.

O documento de identidade electrónico será unha realidade na Unión Europea

Acaban de saír á luz os resultados do maior proxecto científico europeo sobre lectores de chips e os resultados pintan un futuro esperanzador para os documentos de identificación electrónica europeos.

Unha perna artificial construída con restos de smartphones

Investigadores da Universidade de Vanderbilt (Tennessee, Estados Unidos) lograron crear unha perna biónica que utiliza pezas e tecnoloxía propias de smartphones. Deste xeito, consegue un peso menor e permite aos usuarios camiñar dunha forma máis natural, ademais de ser capaz de 'sentir' o terreo para evitar posibles obstrucións.

Investigadores europeos dan un impulso aos biocombustibles

A pesar de constituír unha fonte atractiva de enerxía desde os puntos de vista ambiental e económico, os biocombustibles tamén poden exercer un efecto corrosivo nos motores, motivo polo que non poucos consumidores europeos perderon a confianza nesta clase de enerxía non contaminante.

Células solares plásticas para unha nova era da enerxía renovable

A maioría dos dispositivos fotovoltaicos fabrícanse a partir de silicio e baséanse en nanoestruturas intrincadas cuxo desenvolvemento require gran cantidade de traballo e tempo. Agora un equipo de científicos do Reino Unido anunciaron que é posible imprimir células solares para crear láminas extremadamente delgadas que poden estenderse para obter "paneis de enerxía solar ultrabaratos para uso doméstico e industrial". 

A ciencia do disparate

Colla un bolígrafo e tome nota. Aquí vai a receita para que os seus días sexan mellores. Ante todo, pola mañá, debería vostede prepararse un café. O seu aroma contribúe a un espertar máis agradable, segundo o Instituto Nacional de Ciencia e Tecnoloxía avanzada de Tsukuba (Xapón). 

Páxinas