A primeira edición de 'Transfiere', celebrada en 2012, congregou a máis de 1200 profesionais, procedentes dos ámbitos universitarios -360 grupos de investigación de 36 universidades- e empresarial, cuxa interacción xerou 2500 citas nun tempo record de 14 horas. Ademais, conta cun apoio unánime das administracións públicas central, autonómica e local, así como do sector universitario e das distintas patronais que engloban aos sectores profesionais representados.
A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), á que Tecnópole pertence, ten un papel destacado na convocatoria de empresas e institucións que participan en Transfiere. A ferramenta para a inscrición neste evento está aberta en http://agenda.forotransfiere.com.
Apoio para a participación en Transfiere
APTE é entidade colaboradora deste evento, polo que disporá dun stand durante os dous días e que estará a disposición de todos os membros da Asociación.
Así mesmo, dispón de 6 speaker corners para facer presentacións de 10 minutos durante o día 13 de febreiro de 16:00 a 17:00 horas, no que os 6 primeiros parques membros de APTE que o soliciten poden intervir.
(Fonte: APTE)