APTE e ENISA firman un acordo para fortalecer o tecido empresarial nos parques científicos e tecnolóxicos

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), á que Tecnópole pertence, e a Empresa Nacional de Innovación S.A. (ENISA) firmaron un acordo marco de colaboración con obxecto de aumentar as facilidades e mellora das condicións de financiamento das pemes españolas.

Mediante este acordo, ambas entidades colaborarán, entre outras actividades, no deseño de información para as empresas relacionadas co uso de novos instrumentos financeiros e detección de necesidades financeiras para as pemes; asesoramento mutuo en temas de financiamento empresarial; e desenvolvemento de actividades comúns para a promoción dos préstamos participativos entre as pequenas e medianas empresas.

Así mesmo, con obxecto de facilitar e dinamizar a captación de proxectos empresariais e ampliar o número de solicitudes de calidade, APTE actuará como canal de entrada de proxectos realizando unha análise previa destes antes da súa presentación a ENISA. Ademais, as dúas institucións colaborarán en proxectos de emprendeduría social.

ENISA

ENISA é unha empresa pública –dependente do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da Dirección Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa– que, desde 1982, fomenta a creación, crecemento e consolidación da empresa española, participando activamente no financiamento de proxectos empresariais viables e innovadores e na dinamización do mercado de capital risco.

APTE

A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España creouse en 1988 como unha asociación sen ánimo de lucro cuxo obxectivo principal é colaborar, mediante a potenciación e difusión dos parques científicos e tecnolóxicos, á renovación e diversificación da actividade produtiva, ao progreso tecnolóxico e ao desenvolvemento económico. Actualmente conta con 77 parques membros repartidos por toda a xeografía española. 47 deles son parques Socios, é dicir, plenamente operativos, 29 son parques Afiliados que están en proceso de desenvolvemento, e por último 1 membro colaborador. Estes parques acolleron en 2011 un total de 6030 entidades que facturaron 23.254 millóns de euros. Estas empresas proporcionan emprego a máis de 154.000 persoas, das que 28.384 se dedican a tarefas de I+D.

(Fonte: APTE)