Aprobada a convocatoria 2016 do programa Retos-Colaboración con 586 millóns de euros para actuacións de I+D+i

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O Consello de Ministros aprobou a convocatoria 2016 do programa Retos-Colaboración, dotada con 586 millóns de euros para actuacións de I+D+i. Do presuposto total, cofinanciado con Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), case 100 millóns son subvenciones e o resto préstamos e anticipos rembolsables FEDER.

Esta convocatoria, que se encadra dentro do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2013-2016, busca potenciar a colaboración público-privada, promover o desenvolvemento de novas tecnoloxías, impulsar a innovación empresarial e contribuír á creación de novos produtos e servizos. As axudas deste programa fomentan ademais a creación de empresas innovadoras, mobilizan o investimento privado, xeran emprego e melloran a balanza tecnolóxica do país, elevando a competitividade do tecido empresarial.

Como novidade, as pemes das comunidades autónomas de Andalucía, Canarias, Castela – A Mancha, Ceuta, Estremadura, Galicia, Melilla, Asturias e Murcia, poderán recibir subvencións para financiar as súas actuacións de 2016.

Axudas a infraestruturas

O Consello de Ministros tamén aprobou as axudas a infraestruturas e equipamento científico-técnico, dotada con 150 millóns de euros. Do total presupostado, 66 millóns son en subvencións e 84 en préstamos, tamén anticipos reembolsables cofinanciados pola Unión Europea a través do FEDER.

Estas axudas pertencen ao subprograma Estatal de Infraestruturas Científicas e Técnicas e Equipamento do Plan Estatal de I+D+i e están dirixidas a organismos públicos de investigación, universidades públicas e institutos universitarios e outros centros de I+D vinculados á Administración Xeral do Estado, administracións públicas territoriais ou os seus organismos.

(Fonte: Innovamás)