A aposta polos drons espera mobilizar 540 millóns se recibe Next Generation

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O polo aeroespacial leva mobilizados 164 millóns de euros a partir dun investimento público de 58 millóns e a nova folla de ruta, que marca a estratexia a seguir até 2025, suma 70 millóns de euros máis. Pero o reto vai máis aló e a Xunta aposta polo polo aeroespacial de Rozas como un dos proxectos tractores que recolle a candidatura galega aos fondos europeos Next Generation, co que que podería chegar a mobilizar 540 milllóns de euros se consegue a colaboración do Goberno.

Nese sentido, o vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, sinalou que a Xunta ten aberta unha licitación co Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI) para dotar Rozas dunha contorna de simulación avanzada de xestión do tráfico aéreo, e co Consorcio Aeronáutico Galego acaba de asinar un convenio para crear un Observatorio da Industria Aeroespacial.

Fonte: El Progreso