As aplicacións dos guantes espaciais robóticos na terra

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Unha das aplicacións máis interesantes e útiles da robótica é que poida axudarnos a realizar as tarefas que non podemos facer, xa sexa por algún impedimento puntual ou por querer ir máis alá do humanamente posible. Un exemplo é a forza, para o cal a NASA e General Motoros desenvolveron o RoboGlove, tecnoloxía que agora queda a empresa sueca Bioservo Tecnologies.

Este guante permite reducir o traballo que necesita unha man humana ao soster un obxecto pesado, como é o caso de moitas das ferramentas que usan os astronautas. Esta redución, e o feito de que reproduza de xeito bastante fiel o aparato locomotor a nivel de man e antebrazo fano interesante para outras aplicacións dentro da atmosfera terrestre.

O RoboGlobe reduce o esforzo da man a 2-4 quilogramos de presión dos 7-9 necesarios para soster unha destas ferramentas. Isto tradúcese en que hai tamén unha redución do esgotamento, un factor de importancia tendo en conta o que poden durar as reparacións na Estación Espacial Internacional (ISS), localización para cuxa rutina foi deseñado.

Non obstante, non fai falta irnos ata o espazo exterior para que esta pseudo man resulte de utilidade. Bioservo, unha empresa que leva anos dedicándose á construción de exoesqueletos para mans e outras extremidades, puxo o ollo no RoboGlove e viuno un candidato idóneo para salpementalo coa súa tecnoloxía propia SEM (Soft Extra Muscle).

Utilidades

¿Que utilidades pode ter un guante destas características nos labores terrestres? Non fai falta pensar moito para trasladar ese aforro de esforzo das reparacións aeroespaciais ao que terían as de maquinaria terrestre, como poden ser os grandes vehículos ou a maquinaria industrial, onde todo adoita ter unha escala maior (tanto pezas, como ferramentas, como tarefas).

Outro campo que se pode ver beneficiado é o da saúde. Nos últimos anos estamos a ver como grazas ao avance nos deseños e nos materiais se están a crear próteses que resultan cada vez máis axeitadas, lixeiras e cómodas para os seus usuarios. Bioservo espera que aplicando a súa experiencia en exoesqueletos, por exemplo o SEM glove enfocados a solucionar problemas de agarre, poidan crear un híbrido que sexa de utilidade en terapias de rehabilitación ou a creación de implantes biónicos.

(Fonte: Xataka)