Alvtek intensificará os seus esforzos para implantar os seus servizos de enxeñería en España

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O de Alvtek é o exemplo de como unha empresa de servizos tamén pode conseguir mercado internacional. A firma, situada na Tecnópole e especializada en servizos de enxeñería e arquitectura, conseguiu abrirse camiño grazas a proxectos para empresas europeas, especialmente de Suíza, nos que colabora con outra empresa.

Á fronte da de Ourense está José Carlos Álvarez, mentres que quen dirixe a do outro país é o seu irmán. "O 90% do que facemos é para fóra", recoñece José Carlos, que realiza proxectos de enxeñería de edificación, cálculos de sistemas de calefacción, de saneamento ou electricidade. "Estamos homologados para traballar alí, onde todo é moito máis severo á hora de construír un edificio, nós facemos proxectos para vivendas nas que o consumo enerxético é case nulo", explica.

Entre os seus clientes, figuran algúns tan importantes como a reloxeira Hublot, para cuxa nave central fixeron os cálculos de illamento e demanda enerxética. Asegura José Carlos que a posibilidade de poder vender fóra de España o seu traballo foi a táboa de salvación do negocio, xa que aquí coa crise do ladrillo, e a flexibilidade legal, apenas se solicitaban servizos como os que eles realizan. Iso si, de cara ao futuro, "a nosa intención é implantalos aquí".

(Fonte: La Voz de Galicia)