Alumnos de Financiamento de Empresas da CEO coñecen os instrumentos de apoio ao emprendemento de Tecnópole

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Un grupo de alumnos do curso de Financiamento de Empresas da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) visitaron Tecnópole para coñecer de preto o funcionamento dun parque tecnolóxico e, máis concretamente, os instrumentos de apoio ao emprendemento innovador que a entidade ofrece.

Os 15 estudantes, todos eles con formación universitaria en diversas ramas da economía e as leis, foron informados sobre os instrumentos financeiros que hai a disposición dos emprendedores para apoialos tanto no inicio do negocio como na fase de consolidación.

Posteriormente, fixeron un percorrido guiado por Tecnópole, con especial atención ás incubadoras empresariais, á sala de coworking e ás instalacións científico-tecnolóxicas de apoio á actividade innovadora: o Centro de Experimentación en Enerxías Renovables (CEER) e o Laboratorio de Biotecnoloxía.

(Fonte: Tecnópole)