Alimentación sintética, ¿a comida do futuro?

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Agora mesmo resulta prohibitivo alimentar os humanos cunha dieta de nutrientes sintéticos e non existen fórmulas axeitadas, pero a comida sintética, saborosa e atractiva xa está ao alcance a da tecnoloxía moderna.

A poboación mundial actual podería alimentarse doadamente mediante a produción agrícola de comida convencional se houbese tempo para que o rendemento das colleitas nos países menos desenvolvidos se puxese ao día coas necesidades da poboación e o poder adquisitivo se mantivese ao mesmo ritmo.

Dado que non se dá ningún destes factores na actualidade, resulta prudente analizar solucións menos convencionais ao problema da comida. Non hai uns requisitos nutricionais fixos de consumir fontes de proteínas relativamente caras: leite, carne e ovos. Os legumes e a fariña das oleáceas son alternativas aceptables. Tras a extracción comercial do aceite de soia, algodón, sésamo, cacahuete e xirasol, a fariña resultante contén aproximadamente un 50% de proteína e o aceite pódese vender para cubrir gran parte do custo de produción.

Un terzo dunha fariña de oleácea procesada axeitadamente, mesturada con dous terzos dun cereal, dá lugar a unha mestura coa calidade e concentración de proteínas axeitada para todas as necesidades humanas.

Ultimamente falouse moito das proteínas das algas, e a idea dunha vaca mecánica que extraia proteína comestible do zume de herba e follas está moi adiantada. O problema ata a data foi unha pobre palatabilidade e un custo relativamente elevado, pero isto non supón máis que un reto engadido para os tecnólogos da comida.

Aínda máis significativo para os que coñecen os recursos da ciencia e a tecnoloxía modernas é o progreso continuo cara a novas comidas de orixe completamente sintética. As necesidades nutritivas do corpo humano pódense reducir a substancias químicas coñecidas e todas estas pódense sintetizar ou extraer de produtos naturais. As vitaminas e minerais necesarios xa están dispoñibles e son tan baratos como para que non constitúa un problema. Dos oito aminoácidos esenciais necesarios en vez da proteína, os dous que teñen demanda comercial, xa están dispoñibles a toneladas e non cabe dúbida de que os demais tamén podrecían estalo se se crease a demanda.

(Fonte: Technology Review)