Airus, a solución galega que xestiona o espazo aéreo para drons

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O Instituto Tecnolóxico da Coruña (ITG) e a empresa Everis Aeroespacial, Defensa e Seguridad (Everis ADS) lanzaron AIRUS, a unidade Mixta que pretende automatizar a xestión integral do espazo aéreo que van a ocupar os drons en voo.

Trátase dunha solución tecnolóxica para controlar aos drons pois "a xestión do tráfico aéreo é un problema que aínda está por resolver" e dependerá tamén da regulación que se está elaborando, explicou o vicepresidente executivo de Everis, Juan Bosco, este mércores na presentación da Unidade.

O que pretenden, detallou, é que "dous drons poidan voar na mesma zona ao mesmo tempo" e así estar un pouco más preto desa "imaxe futurista" na que miles de drons sobrevoarán as cidades para realizar servizos como o reparto de paquetería.

Nesta liña, a directora da división de sistemas aéreos non tripulados de ITG, Analía López Fidalgo, matizou, en declaracións aos medios, que "desde o punto de vista tecnolóxico é un gran reto" porque ten como perspectiva de mercado que nuns dez ou quince anos sexa posible que nas cidades haxa miles de drons voando. 

"O problema é facer que todo isto funcione de maneira eficiente garantindo a seguridade de persoas e edificios", indicou López Fidalgo, que destacou que co AIRUS se adiantan ao marco regulatorio para "ter servizos punteiros" que sirvan para competir neste mercado.

Os operadores de drons van pagar por usar estes servizos e reservar a zona na que van voar, un trámite que axiliza esta tecnoloxía automatizada que permite validalo e xestionar o espazo "en cuestión de segundos". O director xeral do ITG, Carlos Calvo, apuntou que AIRUS é unha "peza clave" na estratexia de "posicionamento competitivo" da súa entidade.

Na presentación, a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, sinalou que "non hai política de I+D+i que non estea sustentada na colaboración" e destacou que este é un caso de éxito de moitas das unidades mixtas que elaboraron en Galicia. Tamén anunciou unha nova liña de axudas para este tipo de iniciativas que lanzarán a vindeira semana e para a que dedicarán dous millóns de euros a novas unidades mixtas.  

Fonte: El Correo Gallego