AIMEN e USC patentan un escáner para localizar posibles defectos na automoción

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Investigadores do Centro Tecnolóxico AIMEN e da Universidade de Santiago de Compostela (USC) desenvolveron un novidoso escáner que permite detectar posibles defectos no interior de calquera peza. Deste modo, poderase aplicar en sectores como o automóbil, a construción naval e mesmo na restauración de arte.
 
O dispositivo utiliza a tomografía axial computerizada (TAC), que facilita a localización precisa de posibles problemas dentro dun obxecto. Tamén permite a metroloxía e o dimensionamento das pezas, especialmente naquelas que representan xeometrías complexas e nas que outros tipo de ensaios non son suficientes.
 
Hai algúns anos, o centro tecnolóxico AIMEN detectou a necesidade de aumentar a capacidade de inspección non destrutiva de forma radiográfica. Contactou entón coa USC e, a partir de aí, foise desenvolvendo a idea.
 
Unha imaxe tomográfica representa diversas vantaxes, como mostrar a estrutura interna da peza, diferenciar distintos tipos de materiais e cuantificalos xeometricamente. A implementación deste novo sistema abre un novo campo na inspección de ensaios non destrutivos. O seus responsables destacan as posibilidades que ofrece para as empresas de compoñentes (para os ensaios de novos produtos) do automóbil, de construción naval e mesmo para a restauración de obras de arte.
 
O centro tecnolóxico galego tamén participa nun proxecto da Unión Europea destinado á reparación de gretas en buques, plataformas, guindastres e pontes. Xunto a outras empresas europeas, desenvolve unha nova tecnoloxía a partir da utilizada na industria aeroespacial, que se basea no emprego de parches de materiais compostos (como fibra de carbono). Servirá para o arranxo de estruturas de aceiro mariñas e civís, que permiten reducir os custos da reparación e aumentar a vida útil da peza.
 
(Fonte: Spain Technology)