Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

A rede, unha pota de datos á espera de emprendedores que os fagan rendibles

A reutilización da inxente cantidade de datos xerados polo sector público, a miúdo dispersos e en estado bruto en Internet, ofrece posibilidades de negocio infinitas, sempre e cando os emprendedores logren chegar a eles, unha tarefa non sempre doada, segundo expertos consultados.

Innovador biomaterial para a fabricación de avións

O Instituto Tecnolóxico do Plástico (Aimplas) completou o desenvolvemento dun novo biomaterial elaborado a partir de fontes renovables e reforzado con fibra de liño destinado á fabricación de pezas para o sector aeronáutico. Trátase dun material resistente ao lume e un 60% máis lixeiro que a fibra de vidro, pero coa robustez que esixen este tipo de aplicacións, polo que é un perfecto substituto. Ademais é moito máis ecolóxico e económico, segundo indicaron dende Aimplas nun comunicado.

Bruxelas destinará 100 millóns de euros a empresas tecnolóxicas para desenvolver apps

A Comisión Europea anunciou que destinará 100 millóns de euros a empresas tecnolóxicas de recente creación e a pemes para axudarlles a desenvolver novas aplicacións e servizos para Internet en ámbitos como o transporte, a sanidade, a fabricación intelixente, a enerxía e os medios de comunicación.

Innovador método para formular material para envases alimentarios

O Instituto Tecnolóxico do Plástico (AIMPLAS) e outras 11 empresas e centros tecnolóxicos europeos están a desenvolver o proxecto InnoREX, coordinado polo centro alemán Fraunhofer Institute for Chemical Technology e financiado polo VII Programa Marco.

Tecnópole estrea o último prototipo urbano sustentable deseñado e construído pola industria da madeira galega

A industria da madeira de Galicia promoveu o deseño e construción dun prototipo de pavillón urbano sustentable e autosuficiente que foi presentado hai uns días no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, en Ourense. Este prototipo ten a capacidade de aglutinar servizos urbanos habitualmente dispersos nas cidades, como a parada do autobús, aparcamentos de bicicletas, mobiliario de ocio e iluminación urbana. Ademais, pode dar soporte a outras aplicacións como puntos de recarga de bicicletas eléctricas, móbiles e puntos wi-fi, xa que conta con dispositivos para captar e almacenar enerxía.

Tecnópole renova a súa colaboración co Máster en Creación, Dirección e Innovación na Empresa da Universidade de Vigo

O Máster en Creación, Dirección e Innovación na Empresa da Universidade de Vigo, no que colabora Tecnópole, chega este ano á súa sexta edición. O 12 de xullo publicarase a lista de admitidos na primeira preinscrición e o 27 de agosto abrirase outro prazo para as vacantes.

Unha delegación chilena visita Tecnópole no marco dunha misión para coñecer as políticas de innovación galegas

Unha delegación formada por representantes de cinco rexións chilenas visitaron Tecnópole no marco dunha misión para coñecer as políticas de innovación galegas e recoller información sobre prácticas de éxito que poidan ser aplicables aos seus territorios.

O talento, as pemes e o investimento privado, principais, focos da I+D+i galega ata 2020 para a Axencia Galega de Innovación

Medio centenar de responsables de administracións locais, universidades, centros de coñecemento, clústeres, fondos de investimento, fundacións, o CSIC e empresas déronse cita hai uns días en Santiago de Compostela para avanzar na elaboración da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3).

Feijóo anuncia a posta en marcha en xullo da primeira liña de axudas específica para fomentar a I+D nas pemes galegas

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a posta en marcha en xullo da primeira liña de axudas específica para fomentar proxectos de I+D+i nas pemes, como unha proba máis de que "ser empresario en Galicia non é un salto ao baleiro".

O CDTI inviste máis de 43 millóns de euros en 66 proxectos de I+D+i empresarial

O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) aprobou 66 novos proxectos de I+D+i, para o que se mobilizará un investimento total de 51,74 millóns de euros, dos que o CDTI achegará 43,50 millóns.

Nova e innovadora tecnoloxía para axudar a anciáns e discapacitados a través do móbil

Un equipo de investigadores do campus de Gandia da Universitat Politècnica de València (UPV) e da Universidade da Beira interior de Portugal -liderados por Jaime Lloret e Joel J.P.C Rodrigues respectivamente- desenvolveu, a nivel de laboratorio, un novo sistema de axuda a anciáns e persoas discapacitadas a través de dispositivos móbiles.

As impresoras en 3D serán o molde do futuro

Os patróns serán o guía. A tinta, material. É a hora das impresoras en tres dimensións. Estes particulares dispositivos, non exentos de polémica, viñeron para quedar entre nós. Non son cousa só da NASA ou de fabricantes industriais.

Páxinas