Agroamb lidera un proxecto de innovación para desenvolver unha nova planta de valorización de residuos agrícolas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A empresa Agroamb, con sede en Tecnópole, lidera un proxecto de innovación cofinanciado polo programa Conecta Peme da Xunta, para desenvolver unha nova planta de valorización de residuos agrícolas.

O consorcio do proxecto Plantadac, liderado por Agroamb e GV Solucións, fórmano tamén Indutec Ingenieros Energylab e a Universidade de Santiago de Compostela.

O obxectivo principal do proxecto é desenvolver unha planta de dixestión anaerobia de baixo custo e doada operación, adaptada ás explotacións galegas de tamaño medio e que permita valorizar os residuos orgánicos mediante a produción de biogás. Trátase dun produto pensado para permitir aos xestores de explotacións gandeiras aforrar os custos derivados dunha normativa cada vez máis esixente en relación á xestión e tratamento dos residuos gandeiros.

Para iso esta nova planta permitirá, entre outras melloras, valorizar enerxeticamente os residuos in-situ (autoconsumo térmico) e obter un fertilizante orgánico de alta calidade que poderá ser usado nas propias explotacións sen necesidade doutros tratamentos adicionais.

(Fonte: Energylab)