A aeronáutica galega busca refuxio nun futuro jet supersónico do Exército

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A industria aeronáutica entra en espazo descoñecido. O impacto que a crise sanitaria tivo sobre as aeroliñas fixo saltar polo aire todas as previsións de pedidos de avións para este ano e polo menos os dous ou tres que seguen.

Airbus, o principal construtor para o que traballan as 30 empresas galegas do sector, sufriu no que vai de ano a cancelación de 67 pedidos e non se anotou ningún novo. O efecto é demoledor para os seus provedores: «A carga de traballo caeu un 50 %, porque o tráfico aéreo afundiuse un 55 %». Os datos semestrais demostran o declive. O persoal actual do sector é de 1.087 traballadores, un 13 % menos que no mesmo período do 2019; e a facturación descendeu a 67 millóns, un 14 %.

As aeronaves de pasaxeiros son o negocio máis boiante de Airbus, e supoñen o 70 % das vendas do grupo. Agora o consorcio aeronáutico europeo envórcase na súa división de defensa e espazo e é nos seus novos proxectos onde a aeronáutica galega empezou a buscar refuxio.

Fontes do sector aseguran que hai grandes expectativas no programa AFJT (Airbus Future Jet Trainer), o avión supersónico de adestramento para o Exército do Aire. Airbus Defence and Space aposta por incorporar ao proxecto á maior parte das empresas que desenvolven tecnoloxías e sistemas no sector aeroespacial en España e á cadea de subministración de aeroestruturas e equipos auxiliares.

O centro neurálxico do proxecto estará nas instalacións da compañía en Xetafe, aínda que participarán as outras plantas da empresa repartidas por España, entre elas a de Illescas onde Delta Vigo está estratexicamente situada como provedor e, á súa vez, adxudicatario de pedidos de utillaje a subcontratistas galegos.

Paralelamente, Airbus está a falar cos tres Gobernos europeos (Francia, Alemaña e España) para os que desenvolve o caza de combate do futuro (programa FCAS) para «dar un empuxón ao programa e consolidar nel a presenza de España». Este tres países están detrás do dron militar común Eurodrone, no que «a repartición de cargas de traballo está ao virar a esquina», di Airbus, que confía nun papel relevante de España nestas adxudicacións, dado o peso (un 27 %) que o noso país ten no consorcio promotor desta aeronave.

Fonte: La Voz de Galicia