Aerocámaras organiza un curso homologado para converterse en piloto de drons

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A escola de formación de pilotos de drons de Aerocámaras, empresa con sede en Tecnópole, impartirá un curso en Ourense, que comezará o 28 de xaneiro e para o que haberá un desconto no prezo da matrícula.

Constará dunha parte online e outra presencial que se desenvolverá os días 2 e 3 de marzo. Das 81 horas de dedicación que require o curso, 65 realízanse a través dunha plataforma e 16 de forma práctica.

Esta compañía galega é, ademais, pioneira no apartado formativo e a primeira que creou un curso específico sobre a materia. Destacan os organizadores do curso que os drons teñen hoxe en día múltiples utilidades e, consecuentemente, é necesario formarse para realizar un bo manexo deles. Sectores como a agricultura, inspeccións técnicas, topografía, fotometría e o audiovisual empregan estas máquinas dirixidas.

A especialización tras certificarse como piloto profesional é un grande aliciente á hora de acceder ao mercado laboral, xa que estas aeronaves están cada vez máis presentes en múltiples actividades económicas e a necesidade de pilotos certificados vai en aumento.

Os interesados poden solicitar información chamando ao 986 18 18 18.

(Fonte: La Voz de Galicia)