Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Premio para o chaleco intelixente "made in Galicia"

A Asociación de Técnicos Superiores de Prevención de Riscos Laborais (Prevenga), con sede en Granada, premiou a empresa tecnolóxica galega Scio TT na modalidade de innovación polo seu sistema de seguridade marítima intelixente S2S (Safe to Sea).

Abanca presenta un robot humanoide que interactúa e atende clientes

Abanca realizou hai uns días en Vigo a presentación oficial en Galicia do seu novo robot humanoide e autómata, con capacidade para interactuar cos clientes e colaborar na atención e os labores comerciais que ofrecen os empregados da entidade, para o que utiliza un software "cen por cento galego".

Un robot galego axudará á recuperación de pacientes con dano cerebral

Un consorcio de empresas e institucións galegas desenvolveu un prototipo de robot consistente nun brazo robótico que se ensambla ao brazo de pacientes con dano cerebral para, mediante un sistema de realidade virtual, asistilos nos seus déficits motores e permitirlles realizar exercicios cotiáns, ademais de facer o seguimento dos seus progresos.

Indra lanza a súa primeira convocatoria de ideas dirixida aos seus profesionais en todo o mundo

Indra puxo en marcha unha convocatoria para atopar ideas innovadoras relacionadas co desenvolvemento dun produto ou servizo con potencial comercial e coa única limitación de que teña relación coas áreas de actividade da compañía dirixida aos seus profesionais de todo o mundo, entre as que seleccionará catro gañadoras que recibirán un premio de 5000 euros cada unha.

A Universidade de Salamanca desenvolve un innovador sistema que reconstrúe os accidentes de tráfico en 3D

A Universidade de Salamanca creou Crashmap, unha ferramenta que analiza as deformacións que teñen os vehículos que sufriron un accidente e, a partir de aí, é capaz de descubrir a velocidade á que se produciu o sinistro. Esta información é clave para que as forzas de seguridade reconstrúan a situación e é posible grazas aos modelos tridimensionais que desenvolve o Departamento de Enxeñería Cartográfica e do Terreo.

Rolex premiará os mozos emprendedores que realicen proxectos para cambiar o mundo

Rolex premiará os mozos emprendedores que realicen proxectos para cambiar o mundo, a través dos Premios Rolex á Iniciativa 2018, que están abertos a cidadáns de calquera nacionalidade, con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, que contan con proxectos innovadores que axuden a ampliar o coñecemento do mundo e mellorar a calidade de vida no planeta.

Sete innovacións da NASA que se usan acotío

Dende 1976, a NASA publicou un documento anual no que presenta ao mundo unha lista de artigos de última xeración, que podemos ter na casa e cuxa fabricación e deseño están inspirados en innovacións da NASA. Na súa edición 2017 de "Spinoff" aparecen máis de 50 tecnoloxías, que orixinalmente foron desenvolvidas e construídas para misións e investigación da NASA e que logo atoparon oco na vida diaria da xente común.

Tecnópole posiciónase como o viveiro de empresas galego que máis emprego crea segundo un estudo da Universidade de México

Os viveiros de empresas en Galicia estanse a converter nun dos motores na creación de emprego no país. Así o constata un estudo dos profesores Francisco Jesús Ferreiro Seoane, Jessica Mendoza Moheno e Martín Aubert Hernández Calzada, no que analizan o caso galego. Do estudo despréndese que o Centro de Empresas e Innovación de Tecnópole é o viveiro galego que máis emprego creou.

Conexiona finaliza con éxito la instalación del primer colegio de España totalmente domotizado

La empresa gallega Conexiona, con sede en Tecnópole, acaba de finalizar con éxito la instalación y suministro del primer colegio de España totalmente domotizado o, como se denomina a este proceso en edificios grandes, inmotizado. El Colegio San Pedro Apóstol de Madrid es ya el centro escolar más eficiente e inteligente de España gracias a la automatización de todas sus instalaciones, desde la iluminación hasta la climatización, pasando por las piscinas, las calderas, las aguas residuales, la equipación de las cocinas y los sistemas de incendios, seguridad y videovigilancia.

Primux lanza a primeira app gratuíta do mercado para facer os smartphones accesibles ás persoas con graves problemas de visión

A empresa galega Primux Tech acaba de lanzar a primeira aplicación móbil gratuíta do mercado capaz de crear un interface nos smartphones que os fai automaticamente accesibles para as persoas con problemas de visión. O deseño desta app, que xa se pode descargar sen custo na plataforma Google Play para calquera móbil co sistema operativo Android, foi desenvolvido no departamento de I+D+i da compañía, instalado no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole (Ourense), grazas á iniciativa e á colaboración dun usuario con dificultades de visión.

A Fundación Galicia Sustentable recoñece o labor de Agroamb nos Premios Somos Paisaxe

A Fundación Galicia Sustentable outorgou unha mención especial á Fundación Blas de Ponte de Outeiro, pertencente ao Grupo Agroamb, por impulsar a Guía de boas prácticas paisaxísticas na Terra Chá, elaborada pola Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega.

A aceleradora de proxectos de automoción de Galicia incubará dez ideas para "reter talento"

A automoción galega demostrou a súa capacidade de lanzamento e consolidación de proxectos innovadores, co Cluster de Empresas de Automocion de Galicia (Ceaga) e o Grupo PSA como principais expoñentes. Agora utilizarán a súa experiencia para dar cobertura a dez proxectos empresariais vinculados ao sector en fase incipiente (son startups, spin-offs e spin-outs) e en colaboración con Zona Franca e a Xunta.

Páxinas