Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Egatel celebra o seu 25 aniversario apostando pola diversificación cara novos produtos e servizos TIC

Alcanzar o 25 aniversario é un logro importante para calquera empresa, xa que é unha proba irrefutable de madurez e consolidación. Por este motivo, Egatel está de celebración tras 25 anos de ilusión, esforzo e firme compromiso con alcanzar a excelencia tecnolóxica, características que levaron a converterse nun fabricante de referencia de sistemas de transmisión de TV.

Coren presenta un sistema intelixente para elevar a calidade do vacún

Presentar ao mercado un sistema innovador dirixido a granxas de vacún de leite, co fin de mellorar o seu rendemento e, en consecuencia, o do sector agrogandeiro galego, é o obxectivo da iniciativa que o Grupo Coren presentou na feira Cimag-Gandagro, no recinto feiral de Silleda.

A Xunta de Galicia activa a segunda edición do Concurso de Ideas Industria 4.0

A Consellería de Economía, Emprego e Industria puxo en marcha a convocatoria da segunda edición do Concurso de Ideas Industria 4.0, dotada con catro millóns de euros e coa que se prevé mobilizar 10 millóns en seis proxectos piloto nos que participarán arredor de medio centenar de pequenas e medianas empresas galegas.

A investigadora da Universidade de Vigo África González, finalista do Premio Mulleres Innovadoras da UE

A investigadora da Universidade de Vigo África González Fernández porá, xunto con Gema Climent, Gemma Galdón e Isabel Trillas, o sabor español este ano ao Premio ás Mulleres Innovadoras que outorga a Comisión Europea. De momento, está entre as 9 finalistas que optan a este galardón, que recoñece o labor de mulleres emprendedoras de éxito que transformaron as súas ideas innovadoras nunha realidade no mercado.

As claves da industria X.0

A próxima Revolución Industrial está aquí. De feito, os avances tecnolóxicos están borrando as fronteiras entre os mundos dixital e físico e os sistemas intelixentes e interconectados agora soportan as actividades ao longo de toda a cadea de valor.

Barcelona converterase na capital de innovación industrial en outubro

Barcelona converterase na capital de innovación industrial do 1 ao 6 de outubro coa Barcelona Industry 4.0 Week, que reunirá simultaneamente no recinto de Gran Vía de Fira de Barcelona os salóns Expoquimia, Eurosurfas, Equiplast, In(3D)ustry From Needs to Solutions, IoT Solutions World Congress, os congresos World Congress of Chemical Engineering e World Chemical Summit, e o certame Smart Chemistry, Smart Future.

Un novo material pode comportarse como brando ou duro

Investigadores da Universidade de Michigan desenvolveron unha nova forma de deseñar un metamaterial, de forma que poida cambiar entre ser duro ou suave sen danar nin alterar o material en si.

Aberta a inscrición para o primeiro curso oficial de piloto profesional de drons que se impartirá en Tecnópole

Tecnópole promove a celebración, o próximo 27 de febreiro, do primeiro curso oficial de piloto profesional de drons que se impartirá nas súas instalacións. A inscrición xa está aberta, cunha tarifa especial para participantes procedentes de calquera dos parques tecnolóxicos de España.

As repercusións do novo Imposto de Sociedades protagonizan o primeiro almorzo tecnolóxico do ano

As repercusións da entrada en vigor en 2015 de importantes modificacións no Imposto de Sociedades (IS) serán as protagonistas do primeiro almorzo tecnolóxico deste ano en Tecnópole, que terá lugar este mércores 25 de xaneiro. As empresas situadas no Parque Tecnolóxico de Galicia e tamén as do Polígono de San Cibrao das Viñas están convocadas a esta cita, co obxectivo de que intercambien coñecemento e oportunidades de negocio.

Empresas e científicos proban os ourizos das castañas para a fabricación de asfaltos

Valorizar os residuos agroindustriais obtendo deles novos produtos que ademais sexan respectuosos co medio. É o obxectivo que persegue o proxecto Innobiorresiduos, no que participan seis empresas galegas lideradas pola ourensá Extraco.

As biotech galegas, a por EE UU, Israel e Dinamarca

Estados Unidos, Israel e Dinamarca son os tres países elixidos polo sector biotecnolóxico galego como "zonas prioritarias" de expansión de aquí a 2020 para explorar as posibilidades de negocio, para abrir novos mercados e para establecer posibles alianzas con outros axentes biotech deses territorios. Explicouno en Vigo Carme Pampín, presidenta do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), que participou nunha xornada organizada conxuntamente co Consorcio da Zona Franca para abordar as oportunidades de internacionalización do sector biotech de Galicia.

Un consorcio galego idea controlar contedores con visión artificial

A loxística en contedores para transportar as mercancías é clave en moitos sectores e, para mellorar o seu sistema de control e calibración, tres empresas galegas (Izmar, Syspro Ingeniería e Info JC) e o centro tecnolóxico Aimen teñen en marcha un proxecto para crear un sistema intelixente, a través de tecnoloxías de visión artificial, que permitirá facer o control a distancia e no que invisten máis de medio millón de euros.

Páxinas