Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

A Fundación ONCE convoca a II edición dos Premios Uninnova para innovadores sociais en accesibilidade

A Fundación ONCE convocou a II edición dos Premios Uninnova, que pretenden fomentar e apoiar aos innovadores sociais que xeran proxectos en materia de accesibilidade para mellorar as condicións de vida das persoas con discapacidade.

Convocado un premio europeo que distinguirá as innovacións das cooperativas agroalimentarias

Cogeca, a confederación de cooperativas agrarias da UE, convocou o Premio Europeo á Innovación Cooperativa co obxectivo de promover prácticas e solucións innovadoras ideadas polas cooperativas. O premio está aberto a todas as cooperativas dos sectores agrícola, silvícola, agroalimentario, pesqueiro e da bioeconomía, adscritas a Cogeca.

A biotecnoloxía centra a súa principal investigación no ámbito oncolóxico

A oncoloxía continúa sendo a área terapéutica na que hai un maior número de medicamentos biotecnolóxicos investigándose en España. Así se desprende do último pipeline de biotecnoloxía sanitaria da Asociación Española de Bioempresas (Asebio), que recolle os desenvolvementos de medicamentos biotecnolóxicos tanto de entidades nacionais como de multinacionais con filial en España que aínda non están a comercializarse en 2016.

A realidade virtual impulsa a innovación nos negocios tradicionais

A capacidade para reinventarse como negocio converteuse nunha cuestión de supervivencia empresarial. Falta de financiamento, visión de cambio ou mesmo de sucesores que continúen co negocio familiar, son as principais razóns polas que unha alta porcentaxe dos gremios de carácter tradicional no noso país desapareceron durante os últimos anos.

O tren supersónico do futuro ten selo español

Un equipo de estudantes da Universitat politécnica de Valencia (UPV) viaxarán a Madrid para desenvolver o seu revolucionario tren supersónico de levitación magnética capaz de transportar a 30 pasaxeiros 1000 km/h con enerxías renovables, que foi galardoado co primeiro premio mundial ao Mellor Deseño e Mellor Subsistema de Propulsión de entre 300 universidades de todo o mundo.

O informe mundial GEM sinala as carencias da innovación en España

Segundo o Informe Mundial GEM (Global Entrepreneurship Monitor) 2016, a innovación en España sitúase en niveis moi baixos, só por enriba de países como Portugal, e por debaixo da media europea e doutras economías máis competitivas como son as de Holanda, Francia e Austria.

O MIT crea unhas células solares tan finas que poden aplicarse sobre calquera material

O profesor de tecnoloxías emerxentes do MIT Vladimir Bulović e o seu equipo son os responsables destas células que mostran unha potencia equivalente ás placas solares actuais, pero cun grosor de só 1,3 microns. A súa delgadeza e lixeireza son tan extremas que un metro cadrado desas células solares pesaría só 3,6 gramos.

Drons inspirados nas abellas para polinizar

Máis alá do transporte, do ocio, dos deportes ou da fotografía, os drons poden ter aplicacións científicas e útiles como na medicina, por exemplo. Agora, un grupo de científicos xaponeses está a crear robots voadores inspirados nas abellas co fin de acabar coa crise de polinización global.

Tres innovacións verdes do 2017

A innovación tamén se emprega para salvagardar o Medio. Estas son algunhas das novas tecnoloxías que se presentaron ao comezo deste novo ano e que teñen por obxectivo lograr maior eficiencia no uso de recursos como a enerxía e a auga.

Tecnópole supera a barreira das cen empresas coa incorporación de 9 sociedades en só un mes

Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole rexistrou no último mes as solicitudes de domiciliación virtual de nove empresas, que foron aprobadas hoxe no Consello de Administración da entidade. Esta modalidade, posta en marcha para atender as novas demandas do tecido empresarial, dá acollida xa a 27 novas iniciativas de negocio e eleva o número total de sociedades radicadas en Tecnópole a 109.

A tecnolóxica Xesol sairá a bolsa en Londres a finais de ano

Xesol Innovation, a startup con sede en Tecnópole que a través de cámaras de visión artificial desenvolveu un asistente propio de axuda á condución (ADAS), prepara a súa saída á Bolsa de Valores de Londres (ISDX) para finais de ano coa axuda da taxadora Gesvalt, que se encargará de valorar as participacións que compoñen o capital social da firma.

Jóvenes Empresarios premian ás empresas de Tecnópole Conexiona e a Txstockdata

Dos dous premios e os tres accésits concedidos pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Galicia na súa última edición de recoñecementos, dous deles viñeron parar a empresas con sede en Tecnópole.

Páxinas