Adolfo Domínguez aumentou un 30% as súas vendas en catro anos

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O grupo Adolfo Domínguez incrementou a rendibilidade e as vendas comparables un 30% no últimos catro exercicios, segundo o plan establecido, tal como destacou a nova presidenta executiva da compañía, Adriana Domínguez, ante os accionistas da firma de moda ourensá.

O plan de revitalización que mantén en marcha conseguiu incrementar desde o exercicio 2015/16 a facturación total ata os 115 millóns de euros, un 8,7% máis, cun crecemento de +30% en vendas comparables con 154 tendas menos. A xestión elevou o resultado operativo ou Ebitda da compañía ata os 2,2 millóns de euros, fronte aos -17,8 millóns que presentaba fai catro exercicios.

Adriana Domínguez destacou que “foi un esforzo de xestión, de reconversión e de revolución sostido e sustentable, porque o realizamos sen endebedamento nin capital alleo”, ademais de destacar, especialmente, o papel do director xeral, Antonio Puente, “quen estivo á fronte da execución e despregamento do plan”. O proxecto baseouse en reposicionar tendas (84 aperturas entre 2015/16 e 2019/20) e pechar as tendas non rendibles.

O plan de rendibilidade inclúe así mesmo un importante investimento no crecemento en internet, que permitiu aumentar as vendas online do grupo un 158%. A presidenta executiva tamén explicou o modelo de rexuvenecemento do perfil de clientes, un avance moi ligado á potenciación do e-commerce e aos valores da marca. No último exercicio, a firma de moda de autor incrementou nun 40% a base de novos clientes nados despois de 1975 e duplicou os clientes de 18 a 34 anos.

Fonte: Faro de Vigo