Adolfo Domínguez aposta por materiais e coleccións con selo ourensán (Tecnópole)

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Unha tenda sustentable na rúa do Paseo de Ourense con materiais pouco tratados quimicamente e de proximidade é a nova aposta da marca Adolfo Domínguez -dirixida agora polas súas fillas Adriana e Tiziana-. Lousa, madeira de castiñeiro e morteiro de cal nas paredes -non están pintadas-. “De onde somos e de onde vimos condiciónanos profundamente”, apuntou Tiziana Domínguez.

A presidenta executiva, Adriana Domínguez, comentou que a nova localización vai máis aló do meramente estético e que non buscan cambiar, senón volver ser eles mesmos. “Chegamos á conclusión de que o máis emocionante e moderno que podemos facer, nunha empresa que ten 345 tendas en 19 países do mundo, é ser do lugar que somos”, explicou Adriana. Afirmou que perseguían ter unha tenda que funcionase como embaixada e que para iso necesitaban estar nun lugar no que a xente faga vida.

“Os clientes de entre 18 e 24 anos son os que máis están a medrar para a marca. Até un 24% neste último ano de pandemia. As marcas, como a nosa, que levan moito tempo creando, necesitan volver porse de moda. E niso estamos a traballar tamén”, engadiu tras presentar a colección de bixutaría elaborada en colaboración con alfareiros de Niñodaguia. Tanto as coleccións, como o aspecto da nova tenda, triunfan entre diferentes xeracións -tanto novos como maiores-.

Fonte: Faro de Vigo