Adolfo Domínguez acelera o seu despregamento en América

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O grupo Adolfo Domínguez prepara o despregamento en Latinoamérica do seu novo plan de consolidación e crecemento, que lanzará "no momento que se resolva a crise do coronavirus" e poida "operar con normalidade e sen restricións", segundo informou a compañía.

A firma téxtil indica que o plan, que pon o foco tanto en México, o seu principal mercado, como noutros países, ten como obxectivo "incrementar a presenza e acelerar o despregamento das tendas" da compañía, que conta actualmente con 141 tendas en oito países americanos, o que supón un 36% da súa facturación total.

Esta decisión foi xustificada pola compañía como un reforzo da súa presenza no mercado americano, "o principal continente de expansión do grupo", onde Adolfo Domínguez triplicou o seu número de establecementos en dez anos, pasando de 41 a 141, e multiplicado por cinco o peso da rede americana no total da compañía, onde México, con 130 comercios activos, representa o principal foco de vendas deste mercado, co 16% da facturación total do grupo, e que supón "o principal obxectivo de consolidación".

Para iso, Adolfo Domínguez optou por "desfacer" a súa alianza coa multinacional mexicana Gin Group, a cal leva desde 2017 asumindo a xestión de 16 tendas, aínda que unicamente participou na apertura de 4 das 130 da firma de moda de autor no país centroamericano.

"América é un mercado fundamental para o desenvolvemento e o crecemento da compañía", apunta Anabel Rúa, directora Internacional da marca con sede en Ourense, que confirmou que a firma está "a ultimar novos plans e iniciativas con socios estables que nos acheguen a calidade e velocidade de crecemento que a nosa marca necesita en países como México, Colombia ou Perú".

Aumenta a facturación

Na actualidade, Adolfo Domínguez conta cun total de 390 tendas en 22 países e un resultado operativo de 2,2 millóns de euros. A súa facturación anual ascende a 115 millóns de euros no último exercicio completo (2019-2020), un 2,6% máis que no exercicio anterior, segundo os datos facilitados pola compañía.

Fonte: La Región