Unha adega pontevedresa inventa unha auga que sabe a viño

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A adega galega Líquido Gallaecia, con sede en Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), elaborou unha bebida de auga enriquecida que sabe a viño, grazas a unha colaboración coa Axencia Estatal do CSIC.

Segundo os inventores, nin engorda nin emborracha, porque non ten case calorías nin leva unha soa gota de alcohol. A clave é que a bebida incorpora flavonoles da uva e residuos da elaboración do viño, que, ademais, contén antioxidantes capaces de previr enfermidades como a diabete.

A bebida denominouse Vida Gallaequia e está dispoñible en dúas variedades (branco e tinto). Aínda que non despexaron a dúbida da súa elaboración, os bodegueiros manifestaron que na base deste líquido atópanse dúas variedades de uva: a mencía e o godello.

Esta innovadora auga aínda non está no mercado aínda que os seus inventores esperan lanzala o antes posible e adiantaron que son os produtores xaponeses os máis interesados e mesmo que hai unha compañía aérea que quere distribuír esta auga nos seus voos.

(Fonte: Innovamás)