Acuasec recibe a medalla europea ao mérito no traballo

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Acuasec, empresa ourensá especializada no tratamento de humidades, foi galardoada recentemente coa medalla europea ao mérito no traballo.

Con esta distinción recoñécese a traxectoria profesional da firma, nacida en 1997, así como "os seus servizos relevantes á Unión Europea e os seus extraordinarios traballos". A medalla foi concedida pola Asociación europea de economía e competititivade.

A firma, que ten a súa sede na Tecnópole, foise expandindo ao longo de todo o territorio nacional, con traballos tanto para empresas como para particulares. O seu equipo está integrado por técnicos, enxeñeiros e empregados especializados que aplican os tratamentos contra as humidades. Actualmente teñen unha delegación en Cataluña e na súa longa traxectoria xa recibiron outros premios.

(Fonte: La Voz de Galicia)