Actualidade

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
  • Vehículos autónomos máis seguros grazas á comunicación cooperativa

    Avanzar cara niveis superiores de condución automatizada é o obxectivo dun equipo de investigadores do Instituto Universitario de Investigación do automóbil (INSIA) da Universidade Politécnica de Madrid (UPM). Nun traballo publicado na revista Electronics, en colaboración con investigadores da Universidade Complutense de Madrid (UCM), desenvolveron e validaron aplicacións de servizos para dar soporte á condución autónoma permitindo a comunicación entre vehículos, así como coa propia infraestrutura e os centros de control do tráfico.

  • Robots inspirados no movemento da célula reptadora máis veloz

    En espazos estreitos, a Euglena logra ser o organismo acuático unicelular máis rápido. Conségueo a través dun movemento do seu corpo que lle permite "reptar dunha forma moi eficiente". Esa capacidade de deformar o seu corpo poderá ser utilizada agora para deseñar robots máis operativos á hora de desprazarse en ámbitos complexos e confinados, tales como diferentes tipos de chan, entre entullos ou mesmo dentro do corpo humano.

  • O sector vitivinícola español corre cara á dixitalización integral

    Desenvolver formas imposibles de medir a humidade da vide sen molestar o seu desenvolvemento. Apoiarse no 'big data' para tomar decisións innovadoras ás que os nosos antepasados chegaban só tras moitas xeracións de observación. Proxectar o xeito de adaptar un cultivo tan esixente como este ás condicións cada vez máis adversas que trae consigo o cambio climático... O sector vitivinícola español corre cara á dixitalización integral.

  • A viguesa Kendra deseña unha app de realidade aumentada para novos procesos nas fábricas que está nos primeiros postos de descargas

    A realidade aumentada, virtual e mixta ofrecen á industria un enorme abano de posibilidades, cuxa aplicación en Galicia é aínda incipiente. E neste campo acaban de aparecer tres enxeñeiros de Vigo, fundadores de Kendra, que deseñaron un videoxogo para "evanxelizar" á parroquia empresarial. Aquela aplicación, Fold the Flock, foi seleccionada por Apple e permite xa o modo multixogador. "Estamos moi orgullosos do que conseguimos".

  • O Fondo de Emprendedores de Repsol volve para facer da transición enerxética un exercicio de sustentabilidade

    Corenta e oito startups aceleradas ata a data -que conseguiron máis de 20 millóns de euros en investimento e financiamento-, máis dun centenar de patentes rexistradas, 2700 propostas recibidas... Fundación Repsol, a través do seu Fondo de Emprendedores, volve á carga cunha nova convocatoria dunha iniciativa que se converteu en todo un clásico do apoio ao emprendemento. En 2018 dezaseis das vinte startups que máis diñeiro levantaron en España (no sector de enerxía e mobilidade) pasaron polo Fondo de Emprendedores de Fundación Resol.

  • Os novos materiais do CSIC son premiados na maior feira de nanotecnoloxía do mundo

    Os novos materiais presentados polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) na feira NanoTech de Tokyo, a maior feira de nanotecnoloxía do mundo, son os que espertaron maior interese neste evento internacional.

  • Os retos da automoción en 2019, segundo Trive

    A aparición dos novos modelos de mobilidade, os cambios lexislativos e a incerteza en torno ao futuro dos carburantes está a influír directamente na decisión de compra de coches en propiedade. O sector automoción enfróntase a un complexo panorama en forma dunha suma de diferentes escenarios de mobilidade, que o obriga a afrontar unha renovación importante e urxente en busca dunha necesaria convivencia e adaptación aos novos tempos.

  • Investigan a transformación de residuos en materiais de construción

    Os residuos provenientes da agricultura e a silvicultura percíbense cada vez máis como unha fonte útil para a produción de combustibles ou produtos químicos limpos sustentables e alcanzables de gran valor. Para materializar todo o potencial da biomasa non comestible baseada na celulosa e dos residuos agrícolas como unha alternativa hipocarbónica aos combustibles fósiles é fundamental avaliar a súa prevalencia.

  • Crean un robot que sabe que é un robot sen que llo digan

    "Penso logo existo", dicía Descartes. Os seres humanos temos unha grande autoconciencia. Somos capaces de imaxinarnos a nós mesmos, proxectarnos en escenarios futuros e aprender revisando experiencias pasadas e reflexionando sobre o que saíu ben ou mal. A maioría dos robots, en cambio, aínda non saben sequera que é o que son. Teñen que utilizar modelos proporcionados por humanos, ou aprender mediante probas e erros laboriosos que requiren moito tempo.

  • Empresas españolas e estranxeiras xa queren adquirir tecnoloxía do último satélite vigués

    Hai pouco máis dun mes lanzouse ao espazo o Lume-1, o cuarto satélite creado na Universidade de Vigo. Malia o seu escaso tempo en órbita, a tecnoloxía ou carga útil que transporta, bautizada como Tótem, xa suscitou o interese de empresas españolas e estranxeiras para adquirila, segundo explica Aaron Nercellas, un dos cofundadores a spin-off Alén Space, xurdida a partir do traballo desenvolvido na Universidade de Vigo.

Páxinas