Actualidade

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
  • O hotel do futuro: espellos intelixentes, robots e cuartos personalizados

    Robots repartidos polo hotel, espellos intelixentes capaces de recoñecer emocións ou unha televisión invisible. O hotel do futuro presentouse na Feira Internacional de Turismo (Fitur), que este ano contou con 886 expositores titulares e máis de 10.487 empresas de 165 países e rexións.

  • As dez startups que van decidir o futuro das cidades sustentables

    Arranca a primeira edición de Gamechangers & Cities, programa de apoio ao emprendemento de impacto social en cidades sustentables liderado por UnLtd Spain, Ferrovial Servicios e a Universidad Camilo José Cela, coa presentación dos dez proxectos que participarán durante os próximos seis meses.

  • Un dispositivo flexible produce electricidade a partir do wifi

    Imaxina un mundo onde os teléfonos móbiles, os ordenadores portátiles, os reloxos intelixentes e outros aparatos electrónicos funcionasen sen baterías. Investigadores do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT, en EE UU) e outros centros internacionais deron un paso nesa dirección, presentaron o primeiro dispositivo totalmente flexible que pode converter a enerxía dos sinais wifi en electricidade.

  • Coren e Terras Gauda maridan I+D e tradición no seu lacón con grelos

    Maridar as distintas carnes ou os ovos que produce Coren cos viños de Terras Gauda xa era posible antes, pero dende agora estes dous líderes da produción agraria galega, líderes cada un na súa actividade, dan un paso máis alá facendo converxer a gastronomía máis tradicional galega coa I+D+i no desenvolvemento de novos produtos alimenticios: do seu respectivo bo facer nace o lacón con grelos Coren- A Rosaleira, que se elabora con materias primas autóctonas da máxima calidade, sen glute e sen lactosa.

  • Telefónica conecta máis de 300.000 obxectos, liderando o IoT en España

    Telefónica lidera o mercado de Internet das Cousas (IoT) coa incorporación de 317.000 liñas activas durante o ano 2018, o que supón un crecemento interanual do 16%. Só no último cuadrimestre do pasado ano alcanzáronse 106.000 novas liñas activas, para rematar o 2018 cun total de 2.333.000.

    Este forte crecemento débese aos novos servizos lanzados por Telefónica para facilitar ao cliente solucións integrais de IoT que lles permita xestionar a conectividade dunha forma sinxela e directa co apoio da operadora.

  • IQS Tech Festival: o momento da seguinte xeración de startups industriais chegou

    Este xoves 24 de xaneiro terá lugar, na Antiga Fàbrica Damm de Barcelona, a terceira edición de IQS Tech Fest, o festival de startups industriais organizado por IQS Tech Factory -o centro de emprendemento de IQS e a primeira aceleradora de startups industriais de España- e Barter, axencia de produción de eventos. A escasas horas da súa celebración, Innovaspain falou con Oriol Pascual, director de IQS Tech Factory, para coñecer as expectativas dunha cita que, como o propio líder do centro asegura, "supón un salto de calidade tanto para nós como para o sector".

  • As compañías petroleiras buscan cru con Google Cloud

    Anadarko, unha das maiores empresas de exploración e produción de cru de Estados Unidos, asinou unha alianza coa filial de Alphabet para analizar grandes volumes de datos sísmicos para localizar petróleo e aumentar a eficacia das súas actividades.

    Google e Anadarko Petroleum, unha das maiores compañías de exploración e produción de EEUU, recorreron á intelixencia artificial para analizar grandes volumes de datos sísmicos para localizar petróleo, sacar partido da súa produción e incrementar a eficacia das súas actividades.

  • O tratamento de augas residuais avanza cara a unha economía circular

    O tratamento de augas residuais xa non consiste unicamente en facer que a auga se poida volver utilizar. Os investigadores mostran como se poden extraer enerxía, nutrientes e subprodutos con valor engadido das augas residuais.

  • LG presenta nas Vegas a Nespresso que fai cervexa

    A firma surcoreana LG presentou na feira de electrónica de consumo que se celebra nas Vegas (Estados Unidos) unha innovadora máquina que permite elaborar cervexa na casa utilizando cápsulas de fermento e aderezos como se se tratase dunha cafeteira.

    A máquina ocúpase de todo o proceso, dende a fermentación á carbonización e o envellecemento da cervexa, que tarda unhas dúas semanas en completar. Transcorrido este período, o cliente disporá de 5 litros.

  • Eléctrico, autónomo e con voz: así é o coche que PSA Vigo oculta no búnker

    O coche do futuro será eléctrico, terá funcións de condución autónoma, conexión 5G e asistente intelixente de voz, entre outras innovacións. E estará fabricado en Galicia. Así é o novo lanzamento que o grupo francés PSA asignou á planta de Vigo para a súa saída ao mercado a finais do 2019.

Páxinas