Actualidade

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
  • A primeira lámpada que está viva

    Xerar luz sen consumir enerxía eléctrica pode parecer unha utopía, pero a bioloxía ten unha resposta a ese desafío a través da bioluminiscencia. O truco está en aproveitala de tal forma que se converta nunha alternativa viable e amigable co medio ambiente.
  • A Rede Mentoring preséntase en Ourense

    A sede da Confederación Empresarial de Ourense (CEO) acollerá o próximo 29 de novembro ás 18 horas unha xornada de difusión da Rede Mentoring.
  • Expertos de toda Europa presentan os últimos avances en tecnoloxía láser nas VIII Xornadas de Procesado de Materiais de AIMEN

    O Centro Tecnolóxico AIMEN reuniu máis dun centenar de expertos en tecnoloxía láser, procedentes de centros de investigación, universidades e empresas de toda Europa, na VIII edición das Xornadas de Procesado de Materiais con Tecnoloxía Láser, celebradas en Vigo.
  • Tecnoloxía galega para oficinas sen cables e mobles intelixentes

    Estantes capaces de localizar libros mediante uns sensores e mesas de oficina que poderán acoller todo tipo de dispositivos (ordenadores, impresoras, aparatos de audio e vídeo, teléfonos) sen molestos e trapalleiros cables adicionais para cada un deles, utilizando unicamente o cable que conecta a mesa á rede eléctrica.
  • Defensa selecciona á firma viguesa Tekplus para desenvolver un helicóptero non tripulado

    A firma viguesa Tekplus Aeroespace foi seleccionada polo Ministerio de Defensa para desenvolver un helicóptero non tripulado que prestará servizo en diferentes unidades do Exército a partir de finais de 2013.
  • A empresa galega Abeconsa e a UDC desenvolven un sistema construtivo que aforra 30% nos custos

    A empresa galega Abeconsa e a Universidade da Coruña (UDC) colaboran no deseño dun novo sistema construtivo que podería permitir un aforro do 5% no tempo de execución das obras e un 30% no seu custo.
  • Unha empresa galega, única en Europa en obter e exportar extractos de cogomelos medicinais

    Aos arredores de Pontevedra, na parroquia de Bora, hai doce anos que as ideas crecen como cogomelos. Unha firma, distinguida recentemente polo Ministerio de Medio Ambiente cun premio de excelencia á innovación de mulleres rurais -tamén gañou o premio ao Novo Empresario de Galicia 2010- entrou no selecto olimpo da exportación duns peculiares cultivos ecolóxicos: extractos de cogomelos medicinais.
  • O sector tecnolóxico galego conta con 1700 empresas e factura 2200 millóns

    O número de empresas do sector TIC en Galicia en 2010 ascendeu 1767 empresas e o seu volume de negocio superou os 2200 millóns de euros. Estes son os datos que se recollen nas 'Enquisas sobre a Sociedade da Información nas empresas do sector TIC en Galicia 2010', que publicou o Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia (Osimga).
  • Crece o temor a unha burbulla no mercado das patentes

    A proliferación de pelexas nos tribunais entre compañías por suposta vulneración de patentes, as compras de empresas cuxo activo máis valorado é a carteira de patentes ou a adquisición de millonarios paquetes de patentes dunha compañía están a xustificar que moitos analistas empecen a falar da existencia dunha burbulla no mercado das patentes. E máis concretamente no planeta da telefonía móbil.
  • A realidade aumentada crece en aplicacións

    O visitante, equipado cunhas aparatosas lentes, mete as mans no que parece ser un forno. Ao instante, os dedos comezan a arder cun inquietante realismo, ata o extremo de que un debe resistir o impulso de retiralas mentres a escena se enche de fume. Christian Sandor, da Universidade do Sur de Australia, rise mentres explica ao cronista os principios de Burnar: Feel the Heat, no que o único real é as mans do aterrorizado visitante.

Páxinas