Actualidade

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
  • O futuro dos dispositivos táctiles

    A tecnoloxía coñecida como reflectometría de dominio de tempo (TDR, polas súas siglas en inglés) podería permitir incorporar sensores táctiles a practicamente calquera obxecto. Tradicionalmente utilizouse para localizar danos en cables submarinos, pero nun futuro podería estar presente ata na roupa.
  • Azulexos luminosos, unha nova forma de iluminar

    A lámpada podería ser desprazada por un novo material flexible con forma de folla transparente con díodos no seu interior, que se poden utilizar como azulexos para iluminación, segundo un artigo publicado.
  • A Fundación COTEC publica un documento sobre as oportunidades que ofrece a innovación en defensa e seguridade

    En España máis do 90% dos desenvolvementos tecnolóxicos para a defensa teñen aplicación no sector civil. Estados Unidos, dedicou en 2008 o 56,6% do seu investimento en I+D a defensa e seguridade, Francia o 27,7%, Reino Unido o 21,8%, España o 15,3% e a UE-15 o 11,8%.
  • O proxecto Nacce potenciará a aparición de 150 novos emprendedores e 50 empresas TIC

    A formación e o asesoramento a 150 pequenas e medianas empresas no desenvolvemento de proxectos comúns e a formación doutros novos 150 emprendedores e 50 empresas en actividades TIC. Estes son os obxectivos que se marca o 'Proxecto Nacce, Núcleo de Apoio á Competitividade e a Creación de Empresas TIC', que foi presentado o pasado mércores no campus de Ourense da Universidade de Vigo polos seus socios.
  • Empresas agroalimentarias galegas e asturianas participan no proxecto Asgaia Innovación

    Desenvolver liñas de traballo para cooperar e incrementar os sistemas de xestión das industrias vinculadas ao campo, ademais de ampliar a rede de mercado dos produtos locais, son obxectivos marcados por unha iniciativa posta en marcha pola Asociación de Desenvolvemento Rural (ADR), mediante a sinatura dun convenio de cooperación con empresas agroalimentarias de Galicia e Asturias que participarán no proxecto da Rede Asturgalega de Industrias Agroalimentarias, coñecido como Asgaia Innovación.
  • Santander e Telefónica, entre as 40 empresas da UE que máis invisten en I+D

    Banco Santander e Telefónica atópanse entre as 40 empresas da UE que máis investiron en investigación e desenvolvemento (I+D) en 2010, segundo un informe publicado pola CE, que tamén pide ás compañías europeas "máis esforzos" destinados á innovación.
  • Tres empresas españolas desenvolven un pioneiro verniz resistente á calor

    Chámase Codel e foi creado con nanopartículas. Resiste un 40% máis a calor que o resto de vernices, polo que se resolve un dos principais problemas de fabricación en mobles de cociña.
  • O xornal Cinco Días entrega os seus galardóns á innovación empresarial

    O diario económico Cinco Días entregou os seus premios á innovación empresarial na súa edición 2011 a Danone, Matarromera e Ecopapel. "Nos tres anos transcorridos dende que se entregaron os primeiros premios, a economía sufriu un auténtico xiro. En 2008 recoñecíase ás empresas que innovaban para garantir o seu futuro, pero a innovación xa non é unha aposta, é esencial. Agora, o verdadeiramente arriscado é non innovar", destacou Cristina Garmendia, ministra de Ciencia e Innovación.
  • FECYT organiza a segunda edición do curso para Xestores en Valorización Tecnolóxica

    Despois do éxito da primeira edición, a Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT) abre a convocatoria para a segunda edición do curso de formación en Xestores en Valorización Tecnolóxica, que comezará a impartirse a partir de febreiro de 2012.
  • O MIT converte a Málaga en referente tecnolóxico mundial

    Málaga converterase esta semana nunha referencia mundial da tecnoloxía, grazas ao Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT). Este centro, que acumula unha gran cantidade de premios Nobel, celebrará o 26 e 27 de outubro na cidade andaluza o seu prestixioso congreso EmTech sobre tecnoloxías emerxentes, por primeira vez en Europa.

Páxinas