Actualidade

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

  • O MIT seleccionará os dez novos españois innovadores máis prometedores

    A primeira edición dos premios TR35 Spain, que na súa versión americana xa premiaron a novos talentos de Google, Microsoft e Facebook, entre outros, acaba de poñerse en marca.
  • Investigadores traballan en 'smartphones' que se recargan ao falar

    Investigadores da Universidade Sungkyunkan en Seúl están a desenvolver un sistema que permitiría recargar as baterías dos teléfonos móbiles convertendo o son en electricidade. Os dispositivos recargarían a súa batería mentres os usuarios falan ou escoitan música.
  • Smartcity, a cidade intelixente

    Aínda que o concepto nos recorde ao guión dunha película de ciencia ficción, as cidades tamén poden ser intelixentes. E non se trata dunha profecía futurista, todo o contrario, pois xa é unha realidade con nome propio en Málaga. Trátase de Smartcity, un proxecto pioneiro no noso país liderado pola eléctrica Endesa que formula un novo modelo de xestión enerxética nas cidades baseado no desenvolvemento sustentable e a eficiencia da man das novas tecnoloxías e coa participación directa do cidadán.
  • Móbiles intelixentes escollen o mellor WiFi

    Investigadores do MIT (Massachusetts Institute of Technology) desenvolveron unha tecnoloxía capaz de predicir o movemento dun terminal móbil co obxectivo de que este escolla a rede WiFi máis axeitada. O dispositivo seleccionará automaticamente a que ponderadamente sexa a mellor conexión, co fin de evitar a caída de Internet.
  • Intel presume de transistores 'tridimensionais' para os seus procesadores

    Intel anunciou a próxima produción comercial de 'microchips' cun novo deseño de transistores baseados na tecnoloxía 'Tri-Gate', a primeira que emprega unha estrutura en tres dimensións. Este novo deseño cristalizará nun novo procesador realizado en 22 nm baixo o nome en clave 'Ivy Bridge'.
  • España inventa a capa da invisibilidade

    Un grupo de investigadores do Departamento de Física da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) conseguiron deseñar un dispositivo que fai invisibles os obxectos a un determinado tipo de luz, e a ondas electromagnéticas de moi baixa frecuencia, facendo que o campo magnético sexa nulo no seu interior e deixándoo intacto no exterior.
  • Publicada a primeira cartografía económico-empresarial de Galicia

    A existencia dunha cultura da innovación nas empresas galegas é inferior á media estatal, aspecto que se deduce da realización dun menor esforzo empresarial en I+D.
  • Xornada sobre financiamento europeo para TIC en Ferrol

    A Oficina de Programas Internacionais (Opidi) da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia organiza unha xornada sobre programas de financiamento europeos no campo das TIC (Convocatorias FP7-ICT-2011 e ICT-PSP 2011), que terá lugar o próximo 5 de maio en Ferrol (Edificio CIS D&T).
  • AIMEN e USC patentan un escáner para localizar posibles defectos na automoción

    Investigadores do Centro Tecnolóxico AIMEN e da Universidade de Santiago de Compostela (USC) desenvolveron un novidoso escáner que permite detectar posibles defectos no interior de calquera peza. Deste modo, poderase aplicar en sectores como o automóbil, a construción naval e mesmo na restauración de arte.
  • Supercomputación contra a marea vermella

    O Instituto Español de Oceanografía (IEO) e o Centro de supercomputación de Galicia (Cesga) alíanse para desenvolver modelos que predigan episodios de contaminación por algas ou a distribución do 'stock' pesqueiro.

Páxinas