O Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) chega por primeira vez a España a través da conferencia EmTech Spain, organizada por Technology Review España, a edición española da revista de tecnoloxía máis antiga do mundo.
EmTech (Emerging Technologies) Spain celebrarase en Málaga os días 26 e 27 de outubro e reunirá expertos de ámbito internacional que analizarán as principais tecnoloxías emerxentes e como estas cambiarán o mundo.
O "ranking" de investigación das 48 universidades públicas españolas sitúa a Vigo como a 18 en produción, pero cae ata o posto 31 na rendibilidade por profesor.
Este desequilibrio entre a capacidade de xerar novos coñecementos e o rendemento de todo o equipo é compartido por Santiago -que pasa do noveno lugar ao décimo sexto- e A Coruña -cuxa posición descende da 36 á 42-.
A ministra de Ciencia e Innovación, Cristina Garmendia, e o presidente de Telefónica, César Alierta, asinaron un acordo de colaboración para iniciar o programa 'Innvierte' Economía Sustentable, co que se pretende fomentar o desenvolvemento de empresas tecnolóxicas e polo cal, cada unha das partes destinará ata 50 millóns de euros, respectivamente, a novos proxectos emprendedores.
A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) asinou un acordo co Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións (COITT) para facilitar iniciativas encamiñadas a fomentar o emprego deste colectivo no ámbito dos parques científicos e tecnolóxicos membros da asociación.
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, presentou no Parque Tecnolóxico de Galicia o plan de competitividade Impulsa Ourense, que sitúa a provincia nun marco de discriminación positiva e compromete propostas concretas para garantir o seu desenvolvemento económico.
Se se reeditasen as pragas da Biblia, os incendios forestais aparecerían como unha das principais desgrazas da humanidade. Cada ano arden en Galicia unhas 20.000 hectáreas. Para frear a tempo os terribles focos incendiarios, a empresa galega Integra deseñou un novidoso sistema "único no mundo".
Unha nova aplicación para móbiles, denominada Drivenosis e destinada principalmente ás autoescolas, permite detectar os fallos, mellorar a forma de conducir dos seus usuarios e axudar a que os alumnos aprendan unha condución máis segura e eficiente.
A maioría dos dispositivos fotovoltaicos fabrícanse a partir de silicio e baséanse en nanoestruturas intricadas cuxo desenvolvemento require gran cantidade de traballo e tempo. Agora un equipo de científicos do Reino Unido anunciou que é posible imprimir células solares para crear láminas extremadamente delgadas que poden estenderse para obter "paneis de enerxía solar ultrabaratos para uso doméstico e industrial".
O Instituto Tecnolóxico do Plástico (Aimplas) e o Centro Tecnolóxico Ainia traballan a nanotecnoloxía co obxectivo de aumentar as propiedades do envase alongando e mellorando a conservación do alimento.
Os ingresos no sector das tecnoloxías da información (TI) creceron un 3,6% en 2010, ata os 18.097 millóns de euros, fronte á caída do 8% sufrida un ano antes. Son datos do estudo da patronal tecnolóxica Ametic, que mostran, ademais, que o crecemento foi superior ao da UE (2,7%).