Actualidade

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

  • Crean un material forte como o aluminio que imita a cutícula dos insectos

    Investigadores do Instituto Wyss de Enxeñería Inspirada Bioloxicamente na Universidade de Harvard desenvolveron un novo material que imita a excepcional forza, resistencia e versatilidade dunha das máis extraordinarias substancias da natureza, a cutícula dos insectos.
  • Só unha aplicación española para iPhone premiada por Apple

    A aplicación española do portal Minube.com foi elixida por Apple como a Mellor Aplicación do ano para iPhone en España. Trátase dunha web social de viaxes, creada por emprendedores españois co seu propio capital e foi o único premio conseguido por España.
  • O delirio dos inventos

    As patentes son obxecto de eterna discusión, tanto polo rexistro de métodos que parecen moi comúns coma polo uso destas para atacar a competencia. Pero hai outro capítulo neste tema: as patentes que, orixinalmente, parecen carecer de sentido. Unha consola de xogos para urinarios masculinos e un sistema para envellecer arquivos dixitais poderían ser exemplos diso.
  • O motor térmico máis pequeno do mundo

    Un micrómetro é unha milésima de milímetro, e esa escala ten un minúsculo motor de vapor, de tipo Stirling, que construíron uns investigadores alemáns. E funciona, malia que non as tiñan todas consigo, porque sabían que unha tecnoloxía que funciona a grande escala pode provocar problemas cando se reproduce a pequena escala.
  • O Foro Europeo para a Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación ultima a súa organización coa colaboración de APTE

    A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) participa como entidade promotora en Transfiere, o primeiro Foro Europeo para a Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación, que se celebrará o 8 e o 9 de febreiro de 2012 no Pazo de Feiras e Congresos de Málaga (Fycma).
  • As melloras tecnolóxicas poden reducir a demanda enerxética nun 40%

    As melloras tecnolóxicas poden reducir a demanda española de enerxía nun 40% a custos moi reducidos ou nulos, segundo as conclusións do informe anual de Economics for Energy, presentado na Comisión Nacional de Enerxía.
  • Deseñan lentes de contacto que poderían substituír ás pantallas de ordenador

    A visión dos superheroes das películas de ciencia ficción é unha realidade máis próxima despois de que un equipo de científicos deseñase unhas lentes de contacto nas que se poden proxectar imaxes coma se fose unha pantalla, segundo unha investigación publicada.
  • Aernnova prepara o deseño do novo avión europeo do futuro

    Aernnova busca a velocidade de cruceiro no negocio aeronáutico. A firma vasca está a desenvolver unha ala intelixente para o avión europeo do futuro, un proxecto auspiciado pola CE dentro do Consorcio Clean Sky e cuxos primeiros resultados se están a dar a coñecer estes días en Bruxelas.
  • Telefónica Dixital impulsará o investimento en 'start-ups' para ampliar o seu ecosistema

    A nova Telefónica Dixital ten previsto acelerar os seus investimentos en start-ups, unha estratexia destinada a fortalecer o seu ecosistema tecnolóxico. A empresa tamén prevé acelerar a contratación de desenvolvedor de software, o punto central do seu negocio.
  • Crean robot flexible inspirado en luras e estrelas de mar

    Investigadores da Universidade de Harvard (EE.UU.) crearon un robot flexible, capaz de arrastrarse, cambiar o seu modo de avanzar e sortear obstáculos con máis facilidade que os robots móbiles creados ata agora.

Páxinas