Actualidade

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
  • Proxecto para impulsar drones cada vez máis autónomos e con menos control remoto

    O futuro en Galicia a vista de dron. Estes pequenos vehículos aéreos sen tripulantes chegaron ao sector tecnolóxico para quedar, co que parece prioritario elaborar fórmulas seguras para a súa circulación e utilidades. Con esta premisa, o Instituto Tecnolóxico de Galicia presentou, xunto a Star Defense Logistics & Engineering (SDLE), a Unidade Mixta de Investigación Fastfly 2035. O proxecto, impulsado pola Xunta, desenvolve a intelixencia artificial, a robótica, a electrónica e as comunicacións co obxectivo de optimizar a seguridade e a viabilidade das operacións con drones.

  • A Universidade de Santiago impulsa unha vacina anti-COVID que se conserva sen frío

    A investigación do equipo da catedrática da Universidade de Santiago de Compostela María José Alonso para atopar unha nova vacina contra o COVID-19 avanza á espera de ter resultados en ratos. “A nosa finalidade é conseguir unha vacina óptima que sexa estable para que tamén poida ser accesible aos países en vías de desenvolvemento, onde as infraestruturas sanitarias son moi precarias e resulta moi complexo manter a cadea de frío”, sinala a investigadora.

  • Galicia producirá os fármacos máis avanzados contra o cancro

    Galicia non ten ningún hospital incluído no plan de terapias con CAR-T, o tratamento máis avanzado contra o cancro, pero polo menos contará cun centro de produción destes medicamentos que se porá en marcha este ano. Trátase dunha terapia celular innovadora e personalizada que revolucionará o xeito de tratar o cancro e suporá un punto de inflexión, xa que ten unha “alta eficacia” e ofrece esperanzas a pacientes “que xa esgotaron todas as vías de curación”, segundo explicou a Consellería de Sanidade.

  • O sector das TIC aumenta un 2,2% os seus ingresos en España

    O sector español das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) elevou a súa cifra de negocio un 2,2% en 2020, até 55.660 millóns de euros, pese ao impacto da crise do Covid-19, segundo un estudo publicado por Computing, que recolle os datos das 100 primeiras firmas tecnolóxicas do país.

  • Un código para saber a árbore da que saíu a madeira

    Cada vez son máis os consumidores que valoran a orixe dos produtos ou que estes sexan respectuosos co medio ambiente. E a madeira é un deses materiais á alza, pero dos que non sempre se sabe pór en valor o seu carácter sustentable. Por iso a Consellería do Medio Rural, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), deseñou unha ferramenta destinada a que o consumidor, consultando un simple código QR, poida coñecer todo o proceso que seguiu a madeira até acabar no produto que ten diante.

  • Intelixencia artificial con selo galego

    Hai revolucións que chegan para quedar e a da tecnoloxía, aplicada na xestión de procesos, é unha delas. As ferramentas de análises que utilizan a intelixencia artificial e o chamado big data non son cousa do futuro, senón do presente, e cada vez hai máis empresas interesadas nelas para mellorar os seus resultados.

  • A USC participa nunha investigación que revela a ‘cara oculta’ do xenoma

    Unha investigación internacional con participación dos científicos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) José C. Tubío e Martín Santamarina desvela a “cara oculta” do xenoma humano, un traballo que afonda na secuenciación de 64 xenomas a unha resolución «sen precedentes». O traballo foi publicado pola revista Science e supón un importante paso para avanzar no coñecemento do xenoma, así como para ampliar o coñecemento sobre a diversidade xenética das poboacións humanas.

  • O doce por cento do valor engadido total galego brota do sector agroalimentario

    O sector agroalimentario galego, sumados mar e terra, é o quinto máis importante de España, cun valor engadido bruto (VAB) que con 7.107 millóns de euros representa o 12,1 % do total que xera a economía autonómica. Agricultura e pesca son as actividades estrela, totalizando o 43,9 % do VAB do sector, seguido pola comercialización, que representaría o 30,3 %.

  • A firma galega Aerocamaras asóciase con Península para crear unha empresa de voos para a industria marítima

    A empresa galega de drones Aerocamaras busca novas aventuras mar dentro. A compañía que vixiaba o aforamento das praias este verán, pola pandemia, asóciase con Península Petroleum, a principal compañía provedora de combustible mariño. Fano cunha joint venture da que nace Dons Maritime, unha firma que explorará as aplicacións dos drones na industria marítima.

  • O gasto en innovación biotecnolóxica medra un 8%

    O sector biotecnolóxico galego é un dos que máis crecemento presenta nos últimos anos. En 2019, Galicia foi, só por detrás de Euskadi, o territorio no que máis empresas de base biotecnolóxica se crearon, mais o investimento en I+D+i parece ser aínda unha materia pendente.

Páxinas