No ranking de facturación das empresas ourensás asoman cada vez con máis frecuencia sectores emerxentes que están vencellados ás novas tecnoloxías. As denominadas TIC son aquelas que teñen actividade económica, tanto de tipo industrial como de servizos, relacionada co negocio da información e a comunicación. De acordo cos datos do último informe Ardán, elaborado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, as sociedades ligadas a este sector facturaron en 2020, xa coa pandemia polo medio, preto de oitenta millóns de euros e conta con 34 empregados.
A cadea monte-industria é un sector en alza. Demóstrano os datos de facturación das empresas que están asociadas ao Clúster da Madeira, que alcanzaron o ano pasado os 1774 millóns de euros. A cifra non só representa un 18% máis que no exercicio anterior, tamén equivale ao 90% da facturación total do sector.
Unha das claves para a expansión de pequenas empresas é dar co investidor adecuado que lle permita medrar. E as startup galegas contan xa coa ferramenta perfecta: un radar dinámico con información de cada unha delas, desenvolto por Linknovate, en colaboración con Startup Gal, o Clúster da Saúde e Bioga.
“Xa ninguén pon en cuestión a existencia dunha fenda de xénero internacional nas traxectorias educativas de nenas e mozas nos ámbitos científico-tecnolóxico”. Así de claro se expresa o Ministerio de Educación en Radiografía de la brecha de género en la formación Steam, o seu primeiro “estudo en detalle da traxectoria educativa de nenas e mulleres en España”. Pero, seguro que “ninguén”?
A macroeconomía indica que Ourense, a provincia coa taxa de actividade máis baixa de España e un grave problema de despoboamento e envellecemento -unha idade media de 51 anos e 40.000 habitantes menos no que vai de século- está no vagón de cola en Galicia en parámetros como o número de empresas, os ingresos de explotación e o valor engadido xerado, é dicir, a riqueza. Pero nalgúns sectores é referente, como o agroalimentario, o téxtil ou o da lousa, e un grupo de compañías apontoan o sistema produtivo.
A Xunta recibiu 11 ofertas de empresas para a execución das novas sendas na Medorra e Paiseo, en Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Paderne de Allariz, que suporán un investimento de 1 millón de euros. O obxectivo desta contratación é a construción destes dous itinerarios peonís na marxe esquerda da estrada OU-101, que suman en total 2,8 km. No caso do itinerario na Medorra, discorrerá polos tres concellos, e a senda do Paiseo, polo termo municipal de Paderne de Allariz.
O Diario Oficial de Galicia publicou a nova convocatoria de axudas da Vicepresidencia primeira e consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación: o programa Consolida Bio. Dotado con tres millóns de euros -procedentes dos fondos REACT-UE- ten como obxectivo apoiar a consolidación das pemes do sector biotecnolóxico con menos de oito anos de antigüidade.
Os ciberataques pasan factura. E que factura! Se en 2020 as empresas españolas sufriron danos que tiñan de media un custo de case 55.000 euros, en 2021 esta cifra duplicouse a máis de 105.000, segundo os cálculos do grupo de seguros especializados Hiscox. En España os ataques informáticos son especialmente virulentos e daniños, porque o custo supera mesmo a media mundial, que rolda os 78.000 euros por cada empresa. Máis da metade das compañías admite que foi vítima dun ciberataque ao longo do último ano.
Un novo estudo de IBM revelou a magnitude do déficit de competencias en Intelixencia Artificial (IA) en toda Europa. A exhaustiva enquisa, na que se entrevistou a 3000 persoas entre empregados, empregadores e candidatos do sector tecnolóxico en Alemaña, España e Reino Unido, revela que o sector ten dificultades para atopar profesionais con coñecementos ou experiencia adecuados en materia de IA. Un déficit que pode minar a innovación dixital e frear o crecemento económico.
Xa están en marcha as novas convocatorias dos programas InnovaPeme e DeseñaPeme, coas que a Xunta de Galicia prevé apoiar ao redor de 90 pemes e microempresas no obxectivo de introducir as vantaxes da innovación en procesos, organización, produtos e servizos. Investiranse 4,3 millóns de euros que permitirán mobilizar 8,6 en sectores tan importantes como as industrias auxiliares conserveiras, as TIC ou o mundo automobilístico, entre moitos outros.