Acciona lanza a primeira aceleradora corporativa de startups de infraestruturas e enerxías renovables de España

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Acciona lanzou a primeira aceleradora corporativa de startups nos sectores de enerxía e infraestruturas de España e unha das primeiras de Europa, ampliando así as súas iniciativas cara a un modelo de innovación aberta e ratificando o seu liderado en I+D+i nos seus sectores de actividade.
 
A aceleradora de startups é a primeira iniciativa dunha nova plataforma de innovación que, baixo o paraugas de I'MNOVATION, canalizará as capacidades técnicas da empresa e os seus centros de I+D coa colaboración con startups e partners e a dinamización do intraemprendemento para impulsar tecnoloxías disruptivas e novos negocios nos sectores de enerxías renovables e infraestruturas sustentables.
 
A compañía lanzou o primeiro programa destinado a startups para impulsar tecnoloxías disruptivas, que cambian o modelo operativo ou de negocio, nas súas principais áreas de actividade. Tras unha preselección previa, un total de 16 empresas de catro nacionalidades compiten para entrar a formar parte desta primeira edición da aceleradora, o que lles permitiría traballar nun proxecto piloto ligado a Acciona para avaliar a aplicación a grande escala da súa tecnoloxía.
 
I'MNOVATION #Startups será un programa permanente que contará con dúas edicións anuais ademais de participar activamente no ecosistema nacional e internacional de I+D+i nos nosos sectores.
 
(Fonte: Innovamás)