Ábrese o prazo de presentación de proxectos para a Startup Competition

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Spain Startup & Investor Summit, foro de emprendemento promovido por IE Business School, Infoempleo e FCP Financial Communication Platforms, abriu este 15 de marzo o prazo para inscribir proxectos de emprendemento innovador para participar na Startup Competition. O evento celebrarase do 6 ao 8 de xuño en Madrid.
 
Trátase dunha competición na que se poderán presentar aquelas startups ou iniciativas empresariais de orixe española que superaran a fase de financiamento inicial. Entre outras características, o seu equipo deberá estar dedicado a tempo completo á actividade da empresa; os obxectivos de negocio, facturación, clientes, patentes e posibles acordos de comercialización estar claramente definidos e ter proxección internacional.
 
Requírese ademais que sexan empresas innovadoras e con vocación internacional, que requiran un financiamento de, polo menos, 500.000 euros, cun proxecto de negocio en marcha con fitos demostrables conseguidos.
 
Os proxectos que cumpran os requisitos establecidos, poderán presentar as súas candidaturas na web de Spain Startup & Investor Summit ata o 15 de maio. Entre todos os proxectos presentados, elixiranse os 50 máis atractivos, prometedores e sustentables. Os finalistas serán analizados por membros do Consello Reitor do Spain Startup Summit e do Centro Internacional de Xestión Emprendedora do IE Business School.
 
Os interesados en presentar as súas iniciativas deberán acudir á web de Spain Startup & Investor Summit, onde se lles solicitará que completen un formulario co nome da empresa, URL, datos de contacto, descrición do negocio, nome das empresas coas que compite, nivel de financiamento obtido ata a data e o formulado como obxectivo entre outras informacións.
 
A actividade das iniciativas deberán estar circunscritas aos seguinte sectores: servizos cloud; servizos financeiros; M2M (Machine to machine); seguridade; e-health; aplicacións móbiles e xogos; rede e sistemas; e-commerce; servizos de localización; innovación social; enerxía; biotech; e-learning e medical devices.
 
Máis información en http://spain-startup.com.
 
(Fonte: Innovamás)