Aberto o prazo de solicitude de axudas á contratación de tecnólogos para actividades de I+D en pemes

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

As pequenas e medianas empresas poden solicitar ao Ministerio de Economía e Competitividade axudas para a contratación de tecnólogos titulados universitarios ou non universitarios con formación profesional de grao superior ou equivalente para a realización de actividades de I+D+I. O prazo permanecerá aberto ata o 4 de maio.

As axudas poden alcanzar, no caso das empresas galegas, un máximo do 75% do custo da retribución bruta e a cota empresarial da Seguridade Social percibidas durante o período de execución da axuda.

O importe máximo anual establecido é de 30.000 euros para os tecnólogos titulados universitarios e 25.000 para titulados non universitarios con formación profesional de grao superior ou equivalente. As axudas outorgaranse por anualidades completas, coincidentes co período de execución da axuda. Este terá unha duración de 3 anos consecutivos e ininterrompidos.

Concederase un máximo de dúas axudas por empresa. A solicitude require certificado electrónico e inscrición previa no Rexistro Unificado de Solicitantes (RUS) e no Sistema de Entidades (SISEN) do MINECO.

Máis información aquí.

(Fonte: Tecnópole)