Aberto o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria Explora Ciencia e Explora Tecnoloxía 2015

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

A convocatoria Explora Ciencia e Explora Tecnoloxía do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2013-2016 pretende financiar a execución de proxectos de investigación cuxos obxectivos supoñan unha reavaliación de paradigmas establecidos e aceptados, con proxección en diversos ámbitos científicos ou técnicos, en busca de novos conceptos ou solucións e aplicacións rompedoras en diferentes disciplinas científicas.

Esta actuación ten por obxecto promover a execución de proxectos de investigación básica ou tecnolóxica cuxos resultados poidan chegar a representar un avance significativo do coñecemento, mediante a formulación e desenvolvemento de novos enfoques ou metodoloxías inalcanzables doutro modo e que, pola natureza dos coñecementos xerados, puidesen ter un marcado carácter transversal. Por iso, os proxectos Explora foron deseñados para financiar a exploración de ideas heterodoxas e radicalmente innovadoras.

Deberán ser propostas de investigación imaxinativas e radicais cuxa viabilidade puidese ser considerada baixa en programas convencionais, porque chocan con ideas establecidas no seu campo, e tamén propostas tecnolóxicas arriscadas que buscan unha proba de concepto e que, en ambos os dous casos, non se conseguirían financiar polas vías habituais, pero nas que existan certos indicios que xustifiquen acometer a súa exploración usando metodoloxía científica.

As axudas estarán destinadas a financiar os gastos de persoal, pequeno equipamento, materiais e outros gastos relacionados cos obxectivos do proxecto.

O prazo para a presentación de solicitudes pecha o martes 29 de setembro. Máis información.

(Fonte: Innovamás)