Aberta unha nova convocatoria de axudas de proxectos de I+D Iberoekas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) e o Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía de Arxentina abriron unha nova convocatoria de axudas de proxectos innovadores no marco da iniciativa Iberoeka, cuxo prazo  finaliza o próximo 6 de decembro.

As propostas de proxectos deben ser realizadas en colaboración entre empresas de ambos os dous países. En España, o financiamento farase a través do CDTI, aplicando as condicións dos proxectos en Cooperación Tecnolóxica Internacional, é dicir, requirindo a formalización dunha agrupación de interese económico, formulando unha duración de entre 12 e 36 meses e cun presuposto mínimo financiable de 500.000 euros, cunha inxección por empresa de, polo menos, 175.000 euros.

As iniciativas a presentar nesta convocatoria deben cumprir requisitos como o desenvolvemento de tecnoloxía, novos procesos e produtos a escala piloto e prototipo funcional; a produción de coñecementos aplicables a unha solución tecnolóxica, cuxo desenvolvemento alcance unha escala de laboratorio ou equivalente; a modificación de procesos produtivos que impliquen esforzos relevantes de enxeñería; e que a proposta estea equilibrada entre as partes e os resultados supoñan un beneficio para estas.

Máis información aquí.

(Fonte: CDTI)