Aberta a inscrición para o primeiro curso oficial de piloto profesional de drons que se impartirá en Tecnópole

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Tecnópole promove a celebración, o próximo 27 de febreiro, do primeiro curso oficial de piloto profesional de drons que se impartirá nas súas instalacións. A inscrición xa está aberta, cunha tarifa especial para participantes procedentes de calquera dos parques tecnolóxicos de España.

Esta será a primeira experiencia formativa que se imparta no Parque Tecnolóxico de Galicia despois de que o heliporto do recinto fora rexistrado na Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) para acoller prácticas de voo de avións non tripulados. Con este curso, Tecnópole inicia unha nova liña de accións formativas no manexo de drons, en resposta á elevada demanda dun sector no que Galicia se está posicionando de maneira moi competitiva, grazas a proxectos como a Civil UAVs Initiative da Xunta.

O curso, que se compón dunha xornada práctica de voo 16 horas e 65 horas de formación teórica online, está dirixido a persoas sen experiencia previa de voo e que desexen obter un certificado oficial AESA para actuar como operadores remotos ao mando de vehículos aéreos non tripulados de ata 25 kg. de peso dentro do territorio español e o resto da Unión Europea.

O obxectivo do curso é obter o certificado oficial de aviación civil que permite a operación de drons complexos, incluso aqueles capaces de voar fóra do alcance visual do piloto.

Os exames que avaliarán os coñecementos dos alumnos terán lugar o 25 e o 26 de marzo. O número de participantes limítase a 25, co obxectivo de que a formación sexa práctica e personalizada. O custo do curso é de 800 euros, excepto para os alumnos procedentes de calquera parque tecnolóxico español, que terán un 10% de desconto na matrícula.

Formación especializada

A empresa Aerocámaras, instalada recentemente en Tecnópole, será a encargada de organizar e impartir o curso. Trátase dunha empresa galega con ampla experiencia no sector como operadora de drons e con escolas de pilotos repartidas por 14 provincias españolas. En España, participou en proxectos audiovisuais de Mediaset, TVE, TVG e Atresmedia e impartiu formación en colaboración con varias universidades, entre as que se encontran a Universidade de Vigo, a Universidade Politécnica de Madrid e a Universidade de Cádiz.

(Fonte: Tecnópole)