Aberta a convocatoria de axudas do Programa ICEX-NEXT

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

O Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX) convocou a concesión de axudas a través do Programa ICEX-NEXT de apoio á internacionalización da peme española non exportadora ou exportadora ocasional.

A finalidade destas axudas é acelerar e consolidar o crecemento internacional de pequenas e medianas empresas españolas non exportadoras ou exportadoras ocasionais que conten cun proxecto competitivo.

ICEX Next conta cun total de 60 horas de asesoramento personalizado ás empresas (30 horas obrigatorias +30 horas opcionais), prestado por expertos en distintos ámbitos da internacionalización e competitividade exterior.

Poderán optar a estas axudas as empresas pemes españolas que reúnan os seguintes requisitos: empresa con produto ou servizo propio; empresas cuxa exportación non supere o 30% da súa facturación; empresas que conten con persoal cualificado e comprometido coa implantación do proxecto de internacionalización da empresa; empresas con capacidade financeira para a execución dun proxecto de exportación.

As solicitudes, xunto coa documentación requirida, poderán presentarse durante todo o exercicio 2012. Máis información aquí.
 
(Fuente: ICEX)