As pequenas e medianas empresas galegas soamente sacan partido ao 40% do potencial dos seus empregados, sendo aquelas que aproveitan o seu talento organizativo as "mellor posicionadas", segundo a tese doutoral realizada pola investigadora María Isabel Álvarez, da Universidade de Vigo.
A compañía española Bismart está de parabén tras recibir o premio de Microsoft á 'app' máis útil do mundo para os gobernos a través da súa aplicación móbil Bigov Better City Indicators.
Científicos de Singapura crearon unha innovadora batería de ións de litio que se recarga ata o 70% en dous minutos e dura ata 20 anos, máis de dez veces que as actuais.
Investigadores do grupo MicrotechLab da Unviersidade politécnica de Cataluña (UPC) patentaron MicroLubGear, un innovador sistema de lubricación automática para as engrenaxes dos aeroxeradores mentres están en marcha. Con iso, evítanse as paradas técnicas programadas e increméntase a produtividade de enerxía, sinalan os autores.
Nun día na praia con sol, area, mar e diversión téñense poucas preocupacións, pero sen dúbida unha delas é a de como cargar o móbil para poder permanecer comunicados, facer fotos ou ata escoitar música. ¿Imaxínaste que a revista que levaches á praia che servise para resolver este problema? Isto foi o que logrou Nivea cun orixinal anuncio impreso que funciona con enerxía solar.
Alba Fernández e Uxía García, alumnas das Aulas Tecnópole, gañaron o segundo premio do certame internacional European Youth KiiCS Award co seu respaldo intelixente para cadeiras. No concurso, que celebrou a súa final en Ámsterdam, competían con outros 14 proxectos defendidos por estudantes de diferentes países da Unión Europea.
O sistema de detección de chuvia ácida en chans e plantas desenvolvido por tres alumnos das Aulas Tecnópole gañou o segundo premio do certame "Novos Investigadores 2014", convocado polo Instituto da Xuventude do Goberno español. O proxecto, desenvolvido por Queila Bouza, Miguel Gómez e Jorge Cordero, fora exposto o pasado mes de maio na Intel International Sciencie and Engineering Fair de Los Ángeles (EE.UU.), unha das feiras máis grandes do mundo sobre traballos de ciencia e tecnoloxía a nivel preuniversitario, despois de ser premiado na Exporecerca.
En primavera, Primux Tech, con sede en Tecnópole, presentou o seu buque insignia, o Primux Tech Sigma, un terminal chamado a ser un referente no mercado dos smartphones de gama media por ofrecer altas prestacións a un prezo alcanzable. Dada a grande acollida que tivo, a empresa galega mellorouno para ofrecer aínda mellores prestacións mantendo o mesmo prezo.
A Axencia Galega de Innovación (Gain) acaba de activar un novo servizo de apoio a pemes para ofrecer apoio integral na preparación de solicitudes para presentar o programa da internet do futuro da Unión Europea (UE). Este servizo foi presentado hai uns días durante a celebración dunha xornada retransmitida por Tecnópole vía videoconferencia para as empresas de Ourense.
Carmen Vela, secretaria de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, presentou Precipita, a primeira plataforma pública en España de financiamento colectivo para proxectos científicos, xestionado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt).
Son novos, son innovadores e están entusiasmados. Son os responsables de 12 start-up españolas, seleccionados por Spain Tech Center para lanzar os seus proxectos en Silicon Valley (EEUU).
O próximo 23 de outubro IBM celebrará a cuarta edición nacional da competición mundial "SmartCamp" na que participan catro 'startups' con proxectos de base tecnolóxica que poden axudar a construír un planeta máis intelixente.