Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Máis da metade das empresas prevén investir máis recursos en ciberseguridade

A ciberseguridade é un sector en auxe, con ciberataques cada vez máis sofisticados e virulentos, e é que, o 90% das empresas españolas víronse afectadas este ano por algún tipo de ciberameaza. Ante este escenario e, segundo datos do estudo Estado da ciberseguridade en España, elaborado por Secure&IT, máis da metade das empresas (51,3%) ten previsto incrementar o seu investimento para protexerse neste ámbito. Das restantes, o 44% manterán os mesmos niveis que o ano pasado; case un 1% empezarán a investir, e só un 3,8% manifestaron a súa intención de reducilos.

As universidades da Coruña e Vigo alertan da caída de mulleres nas titulacións TIC

As universidades da Coruña e Vigo alertaron da "abrupta caída" de mulleres matriculadas nas titulacións de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC). O reitor da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde, cualificou de "baixísima" a porcentaxe de mulleres que cursan o grao de Enxeñaría Informática en Galicia, "12%" precisou.

“Galicia Avanza” axudará a Errecé Láser a internacionalizar os seus contedores metálicos para a industria da automoción

Un total de 30 empresas innovadoras e/ou de base tecnolóxica de toda a comunidade están a participar no programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas “Galicia Avanza”. Esta iniciativa púxose en marcha como resultado da colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e a Consellería de Economía, Empresa e Innovación -a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)- e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole).

Tecnópole, elixida pola Xunta para implementar o proxecto piloto da que será a primeira comunidade enerxética empresarial de Galicia

O Parque Tecnolóxico de Galicia foi a localización elixida pola Xunta de Galicia para implementar un proxecto piloto da que será a primeira comunidade enerxética empresarial galega. Esta iniciativa contempla unha potencia instalada de dous megawatts. O proxecto xorde por unha preocupación crecente sobre o consumo enerxético nas empresas e polo seu impacto económico, e tamén polo interese en promover áreas industriais ecolóxicas, capaces de desenvolver tecnoloxía propia, contribuíndo así mesmo á loita contra o cambio climático e a favor do desenvolvemento sustentable na contorna.

A esperanza biotecnolóxica para anticipar e frear o Alzheimer chámase ‘Elisa’ e está en Tecnópole (Lincbiotech)

No Parque Tecnolóxico de Galicia podería estar a tecla definitiva para anticipar o Alzheimer, clave para frear a súa progresión irreversible. A empresa de biotecnoloxía Lincbiotech, nacida dunha escisión do Laboratorio de Neurociencias Clínicas (LINC) do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, está a un paso de comercializar un kit para a detección precoz desta enfermidade neurodexenerativa.

Ordenadores galegos coa última tecnoloxía para conquistar aos «gamers» (Primux)

Levan xa quince anos fabricando ordenadores, tablets, portátiles, smartphones ou cámaras. A galega Primux, con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia, en Ourense, acaba de lanzar ao mercado os seus novos computadores. Trátase de equipos de gaming cos que reforza ámbitos cunha importancia que non deixa de medrar na actualidade: a intelixencia artificial, a realidade virtual e o gaming de competición.

Banco Santander alíase con Coinscrap Finance (Tecnópole) para ofrecer aos seus clientes unha solución que lles permita aforrar sen esforzo

Banco Santander diríxese cara a un ambicioso obxectivo: converterse na mellor plataforma dixital de servizos financeiros do mundo. Nesta liña, traballa coa empresa fintech Coinscrap Finance, con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia, coa que desenvolveu a ferramenta Hucha Santander. Trátase dunha solución sinxela, automática e intuitiva que axuda aos usuarios a aforrar de maneira divertida e sen esforzo.

Aerocamaras modernizará a súa frota de equipos de drons marítimos co apoio da Xunta de Galicia

Aerocamaras dará un novo impulso na súa I+D orientada ao sector marítimo. A empresa, especialista en drons, investirá na mellora dos equipos e software cos que ofrecen servizos de loxística e inspeccións técnicas a barcos. Este proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) no marco do programa DeseñaPeme 2022.

As puntas de lanza do sector téxtil ourensán recuperan sensacións

O sector téxtil é unha das puntas de lanza da economía ourensá e, por extensión, do sur de Galicia, con varias compañías con tendas non só a nivel galego e nacional, senón repartidas por todo o mundo.

A industria téxtil ourensá, en proceso de transformación, foi recuperando pouco a pouco a súa actividade en contornas moi cambiantes e cun mercado exterior cun peso importante nas tres marcas máis significativas: Sociedade Téxtil Lonia (Purificación García e Carolina Herrera), Adolfo Domínguez e Roberto Verino.

A Xunta aposta pola madeira como elemento estrutural na construción

A Xunta inviste 2,6 millóns de euros nunha convocatoria dunha nova liña de axudas destinada ao impulso da madeira como elemento estrutural na construción. Esta convocatoria ten un carácter de concorrencia non competitiva, polo que se irán concedendo aquelas solicitudes presentadas de forma admisible ata o esgotamento do crédito.

A pandemia eleva o risco de ciberataque nas pemes

A dixitalización acelerada pola pandemia impulsou unha transformación sen precedentes no tecido empresarial español. Fronte a vantaxes como os avances en materia de teletraballo, estes cambios provocaron que as empresas se atopen máis expostas que nunca a potenciais brechas de seguridade. Os ciberdelincuentes non dubidaron en aproveitar esta situación e, como consecuencia diso, as ameazas para a protección da información multiplicáronse.

A Informática non é cousa de mulleres?: o grao que elas aínda deben conquistar

«Pénsoo nas mamografías. Se un home tivese que pasar por isto, teríase deseñado outro sistema», di unha das profesoras. A situación na facultade na que estudaron e agora ensinan non pode estar máis descompensada. Neste curso, só o 13% das matriculadas en primeiro de Enxeñaría Informática da Universidade da Coruña, a carreira da que saen as mentes que pensarán programas como o das mamografías, son mulleres. É así desde 2010, con cursos por baixo do 10%.

Páxinas